Así foi o espectáculo da eclipse solar total do 2 de xullo

Milleiros de persoas saíron na Arxentina e Chile a gozar do espectáculo da ocultación do Sol

Milleiros de persoas en Arxentina e Chile puideron gozar este 2 de xullo dunha eclipse solar total. Durante arredor de dous minutos, a Lúa ocultou o Sol e fixo escurecer por completo o ceo. Tamén se puido ver de xeito parcial noutros países do sur de América.

Unha fase da eclipse do 2 de xullo, fotografada na Arxentina por Fernando de Gorocica.

Os observadores que se atopaban dentro da franxa de totalidade puideron gozar de do espectáculo de ver a noite en pleno día. Esta franxa incluía as rexións de Coquimbo e Atacama en Chile e as provincias de San Juan, San Luís, La Rioja, Córdoba, Santa Fe e Bos Aires na Arxentina.

Publicidade

A eclipse dende o observatorio La Silla en Chile, por Erick Pinedo.

Noutros países do sur de América a eclipse foi vista de xeito parcial. Para gozar do fenómeno, nenos e adultos achegáronse a centros astronómicos para observalo a través de telescopios ou directamente con lentes protectoras.

Imaxe da eclipse do 2 de xullo. O efecto ‘anel de diamantes’ previo á totalidade.
A eclipse dende o observatorio La Silla.

Pero a imaxe máis chamativa da eclipse seica sexa a captada por un satélite meteorolóxico dos Estados Unidos, que amosa o paso da sombra mentres avanza sobre o océano un ciclón no Pacífico. Podes velo neste vídeo:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación