A dura realidade dos océanos: un peixe nada atrapado nunha arandela de plástico

O vídeo foi tomado en Nigrán por un investigador, que non dubidou en compartir as graves consecuencias da contaminación

A contaminación masiva dos océanos é un dos problemas cos que teñen que lidar diariamente os ecosistemas mariños. Os seus habitantes, e entre eles os peixes, sofren a presenza deste material cando comen, xa que inxiren unha alta cantidade, e tamén cando nadan, quedando atrapados nalgúns obxectos. É o caso desta pequena criatura que ten enganchado no medio do seu corpo unha arandela de plástico. Pode moverse mais con limitiacións, está metido nese círculo e quen sabe se poderá desfacerse nalgún momento del. O vídeo foi tomado por Kais Mohamed Falcon, investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo (IEO), que capturou nas augas da Ramallosa (Nigrán) as consecuencias do lixo nos mares.

A saúde dos océanos é crucial para o desenvolvemento natural dos ecosistemas e reséntese cada vez máis pola contaminación e o cambio climático. Os biólogos encargados do estudo destes animais están a atopar plásticos, materiais de pesca e todo tipo de obxectos nos estómagos, bocas, ou outras partes do corpo dos peixes, tanto dos máis pequenos, como pode ser este atopado en Nigrán, como en grandes tiburóns que realizan migracións transoceánicas. É un grave problema e por iso a ONU alertou de que en 2050 haberá máis plásticos que peixes nos océanos. Non hai que ir moi lonxe para ver a sucidade do mar, basta con achegarse a calquera praia cando baixa a marea.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro