Sábado 20 Abril 2024

As residencias de maiores e discapacidade en Galicia suman 30 mortes e 619 casos

Os oito falecementos desde o luns á noite de persoas usuarias destes centros sitúan a porcentaxe de óbitos nunha cuarta parte do total da comunidade

A Consellería de Política Social actualizou este mércores, como vén facendo nos últimos días, a situación respecto do coronavirus nas residencias de maiores e centros de discapacidade de Galicia. Despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciase o martes que se ían “priorizar” as probas nas residencias de atención a maiores e discapacidade nos vindeiros días, tal e como se decidiu no comité clínico de seguimento da crise, a porcentaxe de persoas afectadas entre as usuarias e traballadores destes espazos aumenta respecto ao total dos positivos confirmados en Galicia. Este mércores son xa 619 desde o comezo da crise, e 30 deles faleceron. As mortes de usuarios das residencias de maiores, un colectivo vulnerable ante o SARS-CoV-2, supoñen en Galicia arredor dun 25% dos óbitos confirmados ata a noite do martes, cando se pecharon os datos difundidos por Sanidade e Política. Social.

O incremento de novos positivos é menor có luns, medrando nun 13,8%. Porén, confirmáronse positivos en tres residencias máis da rede DomusVi (as de maiores de Matogrande-A Coruña e Chantada, segundo informou neste último caso La Voz de Galicia, e a dun membro do persoal do centro de discapacidade de Bóveda), así como nos centros de discapacidade Coral Seoane e Souto de Leixa de Ferrol (un traballador/a de cada residencia), así como en persoas usuarias da residencia Súa Casa (San Sadurniño, 1 caso)e Galisenior (Ourense, 1 caso).

Publicidade

(Achégate no mapa e preme en cada círculo para ver máis detalles).

Os falecementos das últimas horas concentráronse na residencia DomusVi de Cangas, con cinco óbitos, despois da confirmación de máis de 100 casos positivos dun día para outro que ocasionou a intervención da Xunta; dúas mortes tiveron lugar no Portazgo na Coruña e unha na DomusVi de Barreiro-Vigo. Todos os óbitos tiveron lugar nas propias residencias, agás dous dos usuarios de Cangas, que faleceron no hospital.

As outras 22 mortes producíronse en DomusVi-San Lázaro de Santiago (7), DomusVi-Barreiro (4), Portazgo (3), Bellolar (2), A Esperanza (2), DomusVi-Carballo (1), Divino Maestro (1), San Carlos de Celanova (1) e Castro Caldelas (1).

A situación, crítica nalgúns dos centros, levou nos últimos días a que entidades que representan a familias, persoas usuarias e traballadoras, como a Federación REDE, presentaran unha denuncia ante a Fiscalía para esixir que se investigue o que aconteceu para que se produciran tantos contaxios nestes centros. Nunha entrevista con Praza, Francisco Bernárdez, presidente da asociación Vellez Digna e secretario da Federación REDE, explicaba que a situación na rede DomusVi, que concentra boa parte dos focos en Galicia, “vén de atrás”.

Coronavirus en Galicia: 115 mortes, 259 altas e 4.058 casos activos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A incorporación de maiores a Internet aumenta en Galicia máis dun 15%

Un estudo elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información reflicte a redución da fenda dixital

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia