Galicia empezou a formarse hai máis de 350 millóns de anos a consecuencia da colisión das dúas grandes placas continentais: Gondwana e Laurussia. Para coñecer a súa historia xeolóxica, percorremos co xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní dez puntos xeográficos do territorio galego que resumen os seus principais fitos desde o punto de vista xeolóxico. Facémolo en orde cronolóxica, nunha viaxe no tempo apaixonante, desde a Era do Paleozoico ata a actual configuración do que hoxe coñecemos como Galicia.
1. Pregamento de Campodola-Leixazós. Quiroga (Lugo)
Declarado en 2011 Monumento xeolóxico Natural e Lugar de interese Xeolóxico internacional. Trátase dunha estrutura xeolóxica que percorre Galicia de Norte a Sur, e cuxo afloramento máis visible é no Courel.
Reflicte de xeito extraordinario o sucedido no punto de unión, despois de chocar, das dúas grandes masas continentais, Gondwana e Laurussia, para dar lugar a unha placa aínda maior, denominada Panxea. O pliegue tombado de Campodola- Leixadós é o primeiro efecto reconocible da primeira etapa xeolóxica de formación de Galicia. Diso hai máis de 500 millóns de anos.
E así, neste punto e desa forma, os terreos de Galicia quedaban unidos por primeira vez.
2. Pico Sacro. Boqueixón (A Coruña)
O Pico Sacro é o segundo efecto recoñecible no territorio da primeira etapa de formación xeolóxica de Galicia. Esta montaña de seixo, en terra de granitos, é unha verdadeira rara avis xeolóxica. A súa xeoforma e composición é resultado dos movementos tectónicos do paleozoico na fase final da oroxenia Varisca, fai uns 400 millóns de anos.
É un punto relevante na historia xeolóxica de Galicia porque é onde se soldaron as dúas placas tectónicas ao chocar. Un inselberg que se eleva sobre o val do Ulla e que acada unha altura de 533 metros sobre o nivel do mar. Idealmente ao norte do dique de seixo estaría o que orixinalmente foi Laurussia e ao Sur, Gondwana, marcando unha fronteira xeolóxica dentro de Galicia.
3. Macizo granítico do Pindo. Carnota (A Coruña)
O terceiro efecto asociado á colisión tectónica que deu lugar a Galicia na Era Paleozoica, aínda reconocible na paisaxe actual, é o representado pola formación dos granitos entre 295 e 300 millóns de anos antes de agora. Os granitos son as primeiras rocas formadas en Galicia.
O exemplo mellor conservado é o macizo granítico do Pindo. A súa morfoloxía corresponde a un corpo magmático consolidado no interior da Terra fai 305 millóns de anos e a uns 20 km de profundidade. Na actualidade vese en superficie ao ser descuberto pola prolongada erosión que afectou a Galicia durante toda a Era Mesozoica.
4. Cabo Ortegal. Cariño (A Coruña)
Na zona de Cabo Ortegal aínda podemos ver hoxe nos seus cantís como foi a segunda etapa de formación de Galicia. A comezos da Era do Mesozoico, hai 200 millóns de anos, durante o Triásico, Panxea empezou a romper iniciándose a individualización da Península Ibérica, co desenvolvemento do seu trazo máis característico: a liña de costa de Galicia, tanto ao norte como ao oeste.
Os cantís de Cabo Ortegal, chamados de intraplaca, por ser formados pola rotura de Panxea e non produto da erosión mariña, son os mellor conservados de toda a península Ibérica.
5. Fervenza de O Ézaro-Xallas. Dumbría (A Coruña)
Durante a Era Mesozoica (Xurásico e Cretácico), hai 145 millóns de anos, comeza a abrirse o Océano Atlántico, polo que os ríos que se movían sobre o que agora é Galicia tiveron oportunidade de chegar ao mar. A erosión fluvial realizada por eses ríos vai dar orixe a vales fluviais. Estes vales converteranse, moito máis tarde, durante o Cuaternario, nas actuais rías de Galicia, ao ser asolagados polo mar.
Nalgúns casos, se a erosión fluvial se atopa con rochas moi resistentes, o río non será capaz de escavar totalmente o seu leito, o que se traducirá na formación de rápidos ou fervenzas. Todos os ríos galegos presentan moitos casos ou irregularidades deste tipo. O caso máis visible de erosión fluvial incompleta é o que se ve na fervenza do río Xallas na súa desembocadura cara ao mar.
6. Praia das Catedrais e Rasa Cantábrica: Burela e Ribadeo (Lugo)
Entramos agora na terceira etapa da formación xeolóxica de Galicia, pertencente a Era Cenozoica, hai 65 millóns de anos. Nesta era, as placas Euroasiática e Ibérica, chocan formando a Cordilleira Cantábrica. Tamén se forman, solidariamente, as superficies asociadas á súa base, como é o caso da Rasa Cantábrica, unha plataforma litoral chá, duns dous quilómetros de anchura e escavada en xistos e lousas. Está situada entre o mar Cantábrico e as montañas. Como a colisión entre as placas de Eurasia e Iberia segue producíndose, a súa evolución aínda non terminou.
Da outra banda, a acción do mar contrarresta en parte o levantamento da Cordilleira e a Rasa cantábricas, escavando na parte baixa dos cantís as furnas. A costa de Augas Santas (As Catedrais) ten esta interesante orixe.
7. Depresión de Ourense-nacemento do río Miño.
A Cordilleira Cantábrica prolóngase máis cara ao sur, ata chegar a Celanova, seguindo un sistema de fosas tectónicas, nesa dirección, activas desde o Oligoceno ata practicamente o final da Era Cenozoica, hai 2,5 millóns de anos.
No seu conxunto estas fosas (Abadín-Vilalba, Monforte de Lemos, Maceda, Xinzo de Limia) marcan un gran afundimento tectónico: a chamada Depresión de Ourense.
Parte da drenaxe da rede fluvial que ía cara ás futuras rías galegas foi desviado cara ao Corredor de Ourense formándose, desta forma, fai cinco millóns de anos o río Miño; curiosamente o máis novo dos ríos galegos, pero o de maior caudal.
8. Glaciares de Cabeza de Manzaneda e O Courel.
Durante a Era Cenozoica, na Época do Pleistoceno ou Idade do Xeo, hai 2,56 millóns de anos, iníciase a cuarta etapa de formación xeolóxica de Galicia. A tectónica terciaria que deu lugar á formación da Cordilleira Cantábrica, Serra de Courel-Ancares e Cabeza de Manzaneda-O Invernadoiro produciu en Galicia determinadas elevacións selectivas do seu relevo. As cotas de 1.000 metros, ou superiores, convertéronse, en consecuencia, en áreas de acumulación de neve primeiro, que logo evolucionou cara a xeo glaciar. Hoxe podemos ver en Galicia restos de dous tipos de glaciares: de casquete (Xurés, Manzaneda, Pena Trevinca) e de montaña (Ancares e Courel).
9. Formación das rías galegas e procesos dunares. Corrubedo, Ribeira (A Coruña).
En Galicia, ao longo de todo o Período Cuaternario da Era Cenozoica, os efectos dos cambios no clima foron especialmente evidentes na liña de costa. Danse dous procesos contrapostos: clima cálido durante as fases interglaciares e clima frío durante as fases glaciais.
Durante os interglaciares, o clima quéntase e os xeos de ambos os polos fúndense. En consecuencia, o nivel do mar sobe, penetrando profundamente no interior do continente, asolagando o tramo final dos ríos e formando as rías tal e como as coñecemos hoxe.
A formación de dunas correspóndese, con todo, coas fases glaciares e o nivel do mar máis baixo, que deixa ao descuberto a plataforma costeira, cuberta de areas e sometida á erosión polo vento.
10. Lagoas litorais e bosques costeiros pleistocenos. Lagoa de Doniños (Ferrol).
Os dous últimos trazos morfolóxicos que nos axudan a entender a quinta e última etapa da historia xeolóxica de Galicia, son os producidos polos desprazamentos das dunas no seu camiño cara ao continente, durante a era postglacial. Nestes desprazamentos, as dunas interceptan pequenas enseadas, dando lugar á formación de lagoas litorais coa última subida do nivel de mar, hai 7.000 anos. A Lagoa de Doniños (Ferrol) é sen dúbida a máis perfecta de todas as conservadas ata o día de hoxe.
Tamén, as dunas deron orixe ao que hoxe coñecemos como bosques fósiles, descubertos periodicamente pola erosión mariña ao longo de toda a costa de Galicia. Parecesen ser enterrados baixo a area da praia, pero a realidade é que foron enterrados polas dunas viaxeiras desprazadas cara ao continente, ao final de cada fase glaciar, a medida que subía o nivel do mar. A idade destes bosques, ao redor dos 7.000 anos, indícanos que son restos da vexetación que colonizou a costa de Galicia ao final do último período glaciar.
Probablemente a existencia doutra Maceda próxima foi determinante que tivese éxito Manzaneda. Sobre o monte, pois mellor Cabeza Grande é mellor si, o que pasa é que hai moitos nomes “turísticos” que haberá que ir admitindo. Moitos topónimos teñen dúas formas ou tres (Lagoa das Xarfas-Louro, Lagoa de Amendo-Vixán), outra cousa é utilizar nomes “produto-turístico” como praia América, en vez de Area Loura, moito me temo que xa moi introducidos
Comentar tamén que sendo de Ribeira, estou indignado co comentario sobre que Doniños é a mellor representación de lagoa litoral
Manzaneda é unha castelanización moi curiosa e estraña do antigo Maceda, pero xa hai moito tempo que desapareceu o nome, por iso a Comisión de Toponimia recomendou Manzaneda. Un uso curioso que fai o Sr Romaní é Lézaro. Ninguén lle chama así!Nin hoxe en día se escribe. Non é así? E aproveito unha pregunta, qué datación ten o glaciarismo no Xurés? Nalgúns ríos do Xurés, a baixa altitude, 700 m, e na Peneda aínda máis baixas, hai formación de bloques laterais nos ríos, como se fosen diques ou coídos, hainos no río Mao (Puxedo) ou por baixo do Santuario da Peneda no río (este infelizmente recheado), son periglaciares ou glarciares a estas altitudes? Precisaríase unha alta enerxía para mover eses bloques, que poden medir varios metros e non teñen formas rodadas senón máis ben de todo tipo. Grazas
Todo o mundo a fixarse na “normativa lingüistica”; e ninguén se para a asimilar o que lee.
Na “depresión de Ourense”, non nace o Miño; nace o RIO LIMIA!!!!!
Chamoume a atención o uso dunha falacia por parte do autor no debate paralelo nos comentarios sobre toponimos. Eu non sei cal é certo e cal non mais xustificar a alternativa do autor en base a que uns xeografos hai 150 anos o escrebiron asi è falaz.
Vendo rapidamente esesmapas vexo q se utilizan nomes non admitidos a dia de hoxe en galego como Mellid, orense e bastantres mais.
Recordar tamen que en 1834 a unica lingua oficial en galicia era o español (que a maioria da poboación non sabia nen falar) e e nen Rosalia escrebera ainda nengun poema, nen tivera lugar a revolución de 1846.
Polo tanto quero criticar o uso de argumentos falaces para desprestixiar as propostas e debates tendentes a mellorar a nosa lingua e correxir os nosos toponimos. Mais nunha paxina cientifica.
Por suposto, ademais da falacia, o uso retranqueiro que tenta ligar a normalización linguistica con violencia pareceme xa demasiado para manter con tranquilidade o necesario respeito entre todas e todos.
Que isto non sexa excusa para parabenizar o autor polo artigo. Parabens. Moi interesante
Estupendo!! Señor Vidal Romaní siga contándonos historias como estas muchas veces.
Parabéns pola noticia. É moi interesante.
*Cabeza de Manzaneda é o nome españolizado e inventado, ilegal segundo a Lei de normalización linguística, do monte que en galego recibe o nome de Cabeza Grande.
Do mesmo modo, *Manzaneda é a forma españolizada do concello de Maceda de Trives.
Por favor, mudade o texto e axudade á normalización dos nosos topónimos e a que a lei se cumpra.
Tes moita razón Suso Moinhos. Hai que mandar inmediatamente un comando que queime o Mapa de Fontan e o Mapa de Guillermo Schulz ambos de 1834 que introducen estes erros como pon de manifesto a Lei de Normalización linguistica. Grazas polas tuas recomendacións.
Na Lei de Normalización Linguïstica só se fai referencia á oficialiciación de lugares habitados. O fala da toponimia como un patrimonio. Calificar como “ilegal” un nome de moito uso, é un pouco estraño. Sería “alegal” (aínda que segue a ser estraño o calificativo). MANZANEDA é o nome oficial, por certo, Mazaeda, forma medieval, sería ilegal? é ridículo
Moitas gracias, moi sintético, atractivo e condensado. Una notas: en 3) Os granitos non foron as primeiras rochas formadas en Galicia, non. En 5) non só a dureza das rochas tambén, e ainda mais, os basculamentos e enfundimentos son os responsabeis das fervenzas. A diferencia dureza das rochas si é reponsabel das frieiras dos ríos.
As rochas mais antiguas de Galicia son as rochas básicase ultrabásicas (Cabo Ortegal, Complexo de Ordes, Unidade Malpiaca Tui). Pero é o que se chama en Xeoloxía Complexos alóctonos. Foron afglomerados pola colisión Gondwana-Laurussia. Viñan de lonxe. As rochas graníticas formáronse “in situ” como consecuencia da subducción das placas e polo tanto armaron sobre un edificio construido. Por eso convén distinguir entre rochas que atopamos en Galicia e rochas que se formaron en Galicia. hai que ler moito antes para corrixir. En canto aos basculamentos e enfundimentos como responsables das fervenzas gostaría que mostraras algunha proba de eses feitos. Galicia estase levantando non basculando nen afondando. Non hai mais que ver os niveis mariños levantados de A Guarda ou os terrazos dos ríos tamen levantandose en toda a rede fluvial. Hai que leer literatura recente antes de corrixir.
Esta claro que no se pueden compactar más y mejor 400 millones de años, muy buen articulo
Non me falta ningún. Gustoume moitísimo. Comparto.
Muy interesante!!!
Moy interesante pera uha persoa ignorante na materia