Mércores 1 Maio 2024

Dolmen de Axeitos: a alfaia da arte megalítica

Situado en Ribeira (A Coruña), está datado hai case seis mil anos e está considerado un dos mellor conservados da península Ibérica

É unha xoia da cultura megalítica. Porque o dolmen de Axeitos é un dos mellor conservados da península Ibérica, ademais dun dos máis fermosos. Coñecido tamén como a anta de Axeitos ou a ‘pedra do mouro’, reúne case seis mil anos de historia e está situado na parroqia de Oleiros, no municipio coruñés de Ribeira.

Neste enclave no confín da península de Barbanza, entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia, os antigos poboadores do Neolítico ergueron este túmulo funerario, destinado ao enterramento de varias persoas dunha posición social elevada, que eran inhumados xunto a ricos aveños como xoias, vasillas de barro, machadas, coitelos e puntas de frecha.

Publicidade

O dolmen de Axeitos son, en realidade, os restos dunha tumba de corredor con cámara, co seu pasillo orientado cara ao Leste. O que hoxe vemos son os oito ortostatos (as pedras verticais) cubertos por unha gran laxe, que o dota dunha altura que na actualidade aproxímase aos dous metros. Está datado entre o ano 4000 e o 3600 a. C. Tres pedras na entrada son os únicos restos do antigo corredor.

O dolmen e o terreo adxacente foron adquiridos en 1975 pola Deputación da Coruña, que en 1984 realizou obras de acondicionamento, que nos permiten hoxe gozar dun aparcamento e dun cómodo acceso.

O dolmen de Axeitos e a súa finca foron adquiridos en 1975 pola Deputación da Coruña.

Se esculcamos entre estas pedras milenarias poderemos atopar gravados antigos, un en forma de cruz, que representa un ser humano, e outros con raias verticais. A poucos metros do corredor foi atopado un ídolo antropomorfo, que nos fala das antigas crenzas relixiosas dos antepasados do Neolítico. Como curiosidade, na actualidade os expertos pensan que as parades interiores do dolmen estaban orixinalmente decoradas con pinturas.

Tamén poderemos descubrir a pegada do vandalismo. Na cara que dá á entrada do recinto, atoparemos na rocha un gravado que representa un peixe. Esta figura era común nos primeiros intres do cristianismo e incorporouse a algúns monumentos antigos. Pero non é o caso que nos ocupa. Esta aberración foi labrada na rocha por uns desaprensivos no ano 1997.

Moi preto do dolmen de Axeitos, no lugar de Bretal, a menos de dous quilómetros, foi achado tamén un menhir, coñecido como o Menhir de Bretal, que nos amosa a intensa actividade da arte megalítico nesta zona en tempos remotos. Actualmente está emprazado nunha finca particular.

O dolmen de Axeitos é visitable todo o ano de xeito gratuíto. E é un auténtico tesouro, un dos mellor conservados de toda a península Ibérica.

Aquí podes atopar información de visitas ao dolmen de Axeitos

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Aquarium Finisterrae reforma o sanatorio de focas: “Combinaremos todas as necesidades ambientais”

O museo coruñés remodela no seu 25 aniversario a área de curación dos animais mariños

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844