O Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín unen á Deputación da Coruña co concello vimiancés

As dúas institucións asinan un convenio que garante a xestión, promoción e un programa de actividades no castelo, a Mostra de Artesanía en Vivo e os batáns

Castelo de Vimianzo nacido como unha “casaforte” da man dos Mariño de Lobeira, acumula 800 anos de historia, unha traxectoria que permite coñecer a complexa e poderosa época medieval do Reino de Galicia. Os seus muros viviron encarnizadas e cruentas disputas entre a familia Moscoso e a mitra compostelá e foi un dos escenarios da Revolta Irmandiña, o levantamento campesiño do século XV que plantou cara aos abusos dos señores feudais

Porén, quen hoxe visite o Castelo de Vimianzo atoparase un conxunto monumental de estrutura poligonal con catro torres (tres defensivas e a Torre da Homenaxe) e un patio de armas. A fortaleza conta con murallas e un foso sobre o que se tende unha ponte, outrora levadiza. Da primixenia construción tan só atopará os restos no actual patio de armas, durante as escavacións de 1991, do que puido ser a Torre da Homenaxe e un antigo forno de pan.

Publicidade

Vista aérea do Castelo de Vimianzo

A visita complétase cun Centro de Interpretación da Costa da Morte e unha Mostra de Artesanía en Vivo na que se visibiliza o traballo dos seus palilleiras e artesáns, co rico patrimonio intanxible da bisbarra -encaixes, cestería, prata e vidro, cerámica, coiro e maquetas de barcos-  e un percorrido polos Batáns do Mosquetín.

A Deputación da Coruña e o Concello de Vimianzo traballan, man a man, na xestión, conservación, promoción do Castelo de Vimianzo e dos Batáns do Mosquetín. Neste marco, o vice-presidente provincial Xosé Regueira e a alcaldesa vimiancesa, Mónica Rodríguez, asinaron o convenio de colaboración que garante a xestión dos visitantes, a Mostra de Artesanía en Vivo e outras actividades no castelo e nos batáns ao longo do 2022. 

Obrigas do convenio

A Deputación consignará nos seus orzamentos unha partida de 120.000, dos que 105.000 € se destinarán ao Castelo e os outros 15.000 €, aos Batáns

Entre as obrigas contraídas polo Concello de Vimianzo está a de achegar o persoal necesario para a atención aos visitantes do Castelo, ás Mostra e aos Batáns; a abrir os centros de acordo cos horarios que se establecen no acordo (o Castelo, de martes a domingo, excepto Nadal e Aninovo; e os Batáns, de luns a domingo) e a elaborar unha estatística de visitas mensual e de xeito obxectivo e avaliable.

O vicepresidente provincial salientou o traballo e cooperación entre a Deputación e o Concello vimiancés, “que leva colaborando con nós nun modelo novo de xestión do patrimonio cultural no cal se interrelacionan os aspectos puramente materiais, como os edificios e os montaxes expositivos”. “Neste sentido”, engadiu, “o obxectivo último foi facer do espectador un actor activo, sensibilizando ao mesmo tempo sobre as posibilidades da cultura megalítica como recurso e reclamo turístico”.

Ben de Interese Cultural

O Castelo de Vimianzo foi comprado en estado de abandono no ano 1973 pola Deputación de A Coruña que o acondicionou para ser visitado. En outubro de 1994 foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) e na actualidade, xestionado polo Concello de Vimianzo, ten as portas abertas como museo, monumento e centro de actividades culturais.

O Castelo de Vimianzo é un dos conxuntos máis visitados na Costa da Morte. Os viaxeiros que se achegan demandan información sobre a fortaleza e o seu contido, sobre o Concello, pero tamén sobre o resto do xeodestino.

Batán de Mezonzo.

O conxunto etnográfico dos batáns e muíños de Mosquetín está delimitado polo río Grande e pola elevación da estrada de acceso. Os visitantes poden entrar nas diferentes dependencias e ver a enxeñaría asociada ao uso da auga. En tempada alta elabórase un calendario de visitas guiadas e en tempada baixa pódense concertar, limitando este servizo á disposición de recursos. Ademais, estase en contacto coa Asociación de Guías de Turismo por se é preciso derivar a algún grupo, dado que os recursos municipais son limitados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como recuperar o millo miúdo e o paínzo, dous cultivos tradicionais case extintos

O investigador galego Andrés Teira-Brión está a realizar un estudo sobre a funcionalidade e a diversidade ecolóxica da agricultura dos dous cereais
00:03:07

CIFP Paseo das Pontes, o valor da formación en cociña e gastronomía

Beatriz Sotelo, docente no centro, fala da importancia da ensinanza da especialidade e de facelo con produtos locais e de calidade

MEGA, un museo da cervexa para todos os sentidos

Estrella Galicia inaugurou en 2019 a instalación para crear unha experiencia en torno á marca, pero apostando polo ámbito cultural

Atopados catro corpos na foxa de San Miguel de Cabreira, en Salvaterra de Miño

O grupo da USC que lidera a escavación baralla a hipótese de que sexan cinco moañeses desaparecidos en 1936