Campodola-Leixazós, unha xoia xeolóxica de 500 millóns de anos

É complicado albiscar a magnitude do que significan 500 millóns de anos. Tamén é difícil concibir que enormes montañas de rocha poidan ser deformadas pola forza das placas tectónicas como se fosen pasta de modelar. Por tanto, ás veces tamén custa comprender a importancia que o dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello lugués de Quiroga, ten para a xeoloxía. Desde 2012, este lugar é Monumento Natural, segundo a declaración da Xunta de Galicia. É, por tanto, un destino inigualable en Galicia para os amantes do turismo científico e, en concreto, xeolóxico.

As rochas que se poden ver neste enclave da serra do Courel xa existían na época do supercontinente Panxea, cando o territorio que hoxe é Galicia estaba practicamente pegado a América e África, preto do Ecuador. O singular de Campodola-Leixazós é que se pode observar a simple vista, ao contrario que na grande maioría dos casos, cando esas rochas antiquísimas están no interior da Terra, ocultas para o ser humano.

Para comprender como se forma un pregamento abonda con coller un mantel enriba dunha mesa e empurralo coas mans desde cada un dos bordos. Fórmanse ondulacións, as mesmas que acaban conformando as engurras da superficie terrestre. Non en tanto, dependendo da dirección e intensidade das forzas tectónicas e a composición e disposición das rochas, pódense producir diferentes tipos de pregamentos.

Esquema de formación do dobramento. Fonte: "Unha historia xeolóxica de 500 millóns de anos", de Augusto Pérez Alberti.
Esquema de formación do dobramento. Fonte: “Unha historia xeolóxica de 500 millóns de anos”, de Augusto Pérez Alberti.

Así, o dobramento que se ve en Quiroga é do tipo deitado, no que un dos estratos se sitúa por riba do outro e o eixe onde se produce a ondulación acaba sendo case horizontal. Neste caso, a erosión xa desgastou a parte superior da crista, polo que só quedan á vista parte dos estratos. Con todo, a súa importancia segue sendo enorme.

O río Ferreiriño, que flúe encaixado entre estas montañas, case en paralelo á estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel, é responsable, en gran medida, de que hoxe poidamos gozar do pregamento. Durante milleiros de anos, este curso fluvial foi sucando a rocha ata conseguir facer un corte vertical no monte e deixar ao descuberto esta xoia da xeoloxía. Así como a acción da auga, o vento e o xeo nos impide ver a parte superior da crista, a erosión tamén nos agasalla con esta vista que, sen a forza da auga, seguiría oculta baixo a superficie.

A riqueza xeolóxica do Courel está ameazada pola minería de lousa

Nesas paredes poden distinguirse bandas rochosas de cuarcita, de cor claro, pertencentes ao período Arenixiano (entre 478 e 488 millóns de anos) e outras franxas máis escuras, cubertas de vexetación, que son de lousa. É, por tanto, un lugar “case único” en Europa, só comparable con outros enclaves dos Pireneos e os Alpes, tal e como subliñaron en varios artigos os xeólogos Juan Ramón Vidal Romaní ou Augusto Pérez Alberti.

Outros expertos, como o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, sinalan que a antigüidade deste episodio é algo menor, de 350 millones de años, como moito, e que se produciu debido á confluencia de dúas placas tectónicas. Do mesmo xeito, Vidal Romaní apunta que os materiais son tamén máis modernos.

A zona protexida como Monumento Natural, tamén situada dentro da Zona Especial de Conservación dos Ancares-Courel, e incluída na lista Global Geosites, abrangue unhas 90 hectáreas. Nela quedan prohibidas, segundo o decreto que a regula, a construción, os desmontes e terrapléns, as queimas ou os aproveitamentos mineiros. Non en tanto, xusto ao borde desta área, a apenas un par de quilómetros, sitúase a mina de lousa de Pacios da Serra. No 2015, xa co dobramento de Campodola-Leixazós catalogado como Monumento Natural, o Concello de Quiroga e a Consellería de Economía e Industria deron luz verde a un novo proxecto de explotación desta mina, que pechara debido á crise da construción. Os mesmos expertos que subliñan o valor deste pregamento, como Vidal Romaní, alertan de que a minaría da lousa, amais dos incendios forestais, son o maior problema ao que se enfronta esta xoia paisaxística galega.

4 COMENTÁRIOS

  1. Señora, está usted en una página en gallego, para gallegos. Si quiere usted compartir esta información con ‘otros científico’, hágalo, si entienden el castellano, y es ‘científico’, seguramente comprenda perfectamente el gallego escrito o, en caso contrario, seguramente tenga la ocurrencia de usar el traductor automático de Google.

  2. Pode vostede compartir publicacións en galego, non existe problema ningún. Hai científicos, arqueólogas, músicos, camioneiros ou xubiladas que gozamos e aprendemos con Gciencia en galego. Mesmo en Portugal, Brasil e o resto da lusofonía poderán entender sen moito problema estas publicacións, sabendo que quen se achega a este tipo de contidos son persoas de mente aberta e gañas de ampliar coñecementos. A páxina tamén podería estar en inglés ou en chinés, para unha maior difusión, sen dúbida. En todo caso hai centos de outros medios en moitos outros idiomas, e toma suma.

  3. Debería haber una versión en castellano. No puedo compartir con otros científico, arqueologos, arquitectos y geólogos una publicación que está solamente en Gallego.

    • Cuanto te comprendo Dolores pero es así lo que ocurre en estos mundos nacionalistas reducidos y reduccionistas. Se discrimina el idioma que hablan en Estados Unidos y que ya es oficial en las escuelas de China y ni siquiera hay opción de optar por otro idoma: inglés, castellano,etc.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.