Europa impulsa dende o CiQUS o desenvolvemento de novas baterías recargables e seguras

O grupo liderado por María Giménez López obtén un Proof of Concept do Consello Europeo de Investigación para avanzar cara a sistemas de almacenamento enerxético máis estables e eficientes

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC) acaba de obter un novo proxecto Proof of Concept do Consello Europeo de Investigación (ERC), o quinto na súa traxectoria. Nesta ocasión, a investigadora Oportunius do CiQUS María Giménez López coordinará o proxecto ZEST, que busca desenvolver unha batería recargable híbrida de zinc, bromo e dióxido de manganeso como solución segura, escalable e de baixo custo para o almacenamento estacionario de enerxía. É a primeira investigadora en Galicia que logra un segundo proxecto ERC Proof of Concept.

O grupo de investigación liderado por María Giménez López traballa no deseño de novos materiais avanzados e electrólitos para aplicacións enerxéticas. Neste contexto, o proxecto ZEST aborda algunhas das principais limitacións das actuais baterías baseadas en zinc mediante o desenvolvemento de novos materiais de eléctrodo e electrólitos con tecnoloxías previamente patentadas no grupo. O obxectivo do proxecto é avanzar cara a sistemas de almacenamento enerxético máis estables, eficientes e escalables, e validar o seu funcionamento a nivel de prototipo, sentando as bases para futuras aplicacións industriais.

Publicidade

O foco na explotación industrial

Os proxectos Proof of Concept do ERC están deseñados para converter resultados de investigación básica doutros proxectos do ERC obtidos polos investigadores principais en innovacións con potencial comercial, pechando a brecha entre a ciencia e o mercado. Neste caso, ZEST non só busca demostrar a viabilidade técnica da súa proposta, senón tamén definir unha folla de ruta clara para a súa explotación industrial, incluíndo análise de mercado, estratexia de propiedade intelectual e colaboración con actores crave do sector. Este enfoque, que recibe o apoio de socios industriais como o Fraunhofer Institute for Solar Energy Systems (Fraunhofer ISE) de Alemaña, reforza o compromiso do grupo do CiQUS coa transferencia de tecnoloxía e o seu papel na transición cara a un modelo enerxético sostible.

O centro conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación, e recibe apoio financeiro da Unión Europea a través do Programa Galicia FEDER 2021-2027. Con este novo fito, o CiQUS reafirma o seu liderado na captación de financiamento europeo para proxectos de alto impacto, consolidando a súa traxectoria no desenvolvemento de solucións innovadoras que responden os desafíos globais en enerxía e sostibilidade.
 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O outono comeza este mércores ás 2.05 horas despois dun verán de temperaturas récord

A terceira estación do ano vaise estender ata o 21 de decembro ás 21.50 horas

Un estudo da USC constata efectos respiratorios persistentes cinco anos despois da erupción da Palma

A investigación incluíu máis de 600 participantes e comparou a evolución de poboación exposta e non exposta dentro da illa

Un novo tratamento deseñado na USC axuda a deixar de fumar en oito semanas e sen saír da casa

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos desenvolve unha aplicación móbil para realizar o seguimento dos pacientes a través de videochamadas

Como de sostibles son os bioplásticos?

Trátase dunha nova alternativa aos plásticos convencionais, fabricados con menos enerxía e biodegradables mediante compostaxe