Activada a alerta en toda Galicia por fortes refachos de vento e temporal marítimo

Meteogalicia acende o aviso amarelo en terra e o laranxa no mar para o xoves por ondas que poden acadar os seis metros

Galicia leva semanas encadeando unha borrasca tras outra. Ingrid e Joseph foron as últimas, que deixaron unha chuvia incesante que desembocou en centos de incidencias en toda a comunidade e ríos desbordados. O prognóstico do tempo non apunta á estabilidade, senón á chegada de novos sistemas frontais asociados a borrascas atlánticas que continuarán regando o país, polo menos, ata comezos de febreiro. Segundo a previsión de Meteogalicia, o xoves volverá activarse a alerta en toda Galicia por fortes refachos de vento e temporal marítimo.

Tal e como recolle o boletín de avisos emitido pola institución meteorolóxica, a alerta laranxa estará activada en todo o litoral galego ao longo do xoves por ondas que poden acadar os seis metros. Tamén estará activada a alerta amarela por vento de forza 7 no noroeste da Coruña, na Costa da Morte e na Mariña lucense. En terra tamén está activado o aviso amarelo por refachos que poden acadar os 80 km/h, sobre todo de madrugada e a primeira hora da tarde.

Publicidade

Unha fin de semana pasada por auga

Unha nova borrasca situada ao suroeste de Irlanda marcará o tempo de cara ao venres. As chuvias serán localmente treboentas e máis intensas na fachada atlántica. De feito, a situación no mar será “moi complicada”, tal e como definen dende Meteogalicia. Durante a primeira metade do sábado haberá unha tregua, mais cara ao final do día chegará unha nova fronte que deixará chuvias no litoral da provincia da Coruña que se irán desprazando conforme avance a tarde ao resto de Galicia.

A situación e medio prazo non mostra cambios significativos no patrón meteorolóxico. Febreiro comezará co predominio e a influencia das baixas presións sobre a península ibérica, cun corredor atlántico apuntando directamente a Galicia, polo que a probabilidade de precipitación ata o mércores 4 estímase nun 90%. As temperaturas tamén serán baixas para esta época do ano.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual