Táboa periódica realizada por Pilar Rodríguez Seoane e editada por Obradoiro-Santillana.
Táboa periódica realizada por Pilar Rodríguez Seoane e editada por Obradoiro-Santillana.

A primeira táboa periódica en galego non era a primeira

A profesora da UVigo Pilar Rodríguez publicou hai máis de 20 anos unha versión que xa fora difundida nos libros de texto

Co gallo do 150º aniversario da publicación da primeira versión da táboa periódica por parte do químico ruso Dimitri Mendeleiev, sucédense en todo o mundo as iniciativas para promover o coñecemento desta icona da ciencia. O 15 de marzo, varias entidades académicas presentaron no Consello da Cultura Galega, no marco dunhas xornadas sobre a táboa periódica, o que se denominou “un fito para a lingua”: a publicación da táboa ao completo en galego. “Ata o momento non se contaba cunha versión en galego”, anunciaba a Real Academia Galega. Mais este fito non era tal, segundo reclamou nos últimos días Pilar Rodríguez Seoane, profesora de Química Inorgánica da Universidade de Vigo, hoxe xa xubilada.

“A primeira versión en galego, da que son autora, publicouse, seguindo as normas da IUPAC, en 1998 en Edicións Obradoiro-Santillana, coa colaboración da Universidade de Vigo”, expón Rodríguez Seoane nunha nota enviada aos medios, na que responde ás informacións publicadas que poden inducir “a erro”. Posteriormente, en 2002, a táboa reeditouse desde Obradoiro cos novos elementos, e a UVigo volveu publicar dúas novas edicións nos anos 2008 e 2013, coa supervisión do departamento de Filoloxía Galega da propia universidade.

Tal e como indican desde a editorial Obradoiro, esta versión en galego da táboa difundiuse como material complementario dos libros de texto cando as materias de Física e Química no ensino secundario podían impartirse en galego, unha regulación que mudou co decreto do plurilingüismo, que instaurou a obriga de que se deran en castelán, do mesmo xeito que Matemáticas e Tecnoloxías.

Xa hai alomenos 21 anos, por tanto, desde que existe unha táboa periódica en galego ao completo (polo menos nese momento, cos elementos recoñecidos pola IUPAC). E segundo indican fontes da UVigo, esta táboa tamén se difundiu aos alumnos da Universidade, así como a estudantes de Secundaria e Bacharelato que visitan a Facultade de Química. De feito, este ano, conmemorando o 150 aniversario da primeira versión feita por Mendeleiev, hai exposta unha táboa periódica de grandes dimensións na entrada principal da Facultade de Química da Universidade de Vigo.

Ante a reivindicación do traballo de Pilar Rodríguez Seoane, a RAG xa transmitiu o recoñecemento ao seu traballo a través das redes:


Do mesmo xeito, a propia Pilar Rodríguez Seoane reseña tamén que a primeira versión da táboa foi publicada no volume 95, número 3, da contraportada da revista Anales de la Real Sociedad Española de Química, no ano 1999.

Táboa periódica en galego publicada na revista Anales de la Real Sociedad Española de Química en 1999.
Táboa periódica en galego publicada na revista Anales de la Real Sociedad Española de Química en 1999.

Alén disto, despois de que Pilar Rodríguez Seoane publicase as primeiras versións da táboa en galego, outros colectivos como CienciaNosa, grupo de innovación docente da USC, publicou en 2017 a última actualización cos novos elementos aprobados pola IUPAC: o nihonio (Nh, Z = 113), o moscovio (Mc, Z = 115), o ténnesso (Ts, Z = 117) e o oganesson (Og, Z = 118).

Sae a nova versión en galego da táboa periódica dos elementos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.