Mércores 24 Abril 2024

Os pioneiros (vigueses) do Novo Espazo

Alén Space quere facer accesible o firmamento a todos os proxectos que melloren as nosas vidas con satélites que non superan os dez quilos

Na Zona Franca de Vigo, un grupo de profesionais do sector aeroespacial traballa desde hai cinco anos ofrecendo servizos a organizacións internacionais e empresas privadas que precisan do espazo para levar a cabo as súas iniciativas. Rachar cos tempos nos que só orzamentos multimillonarios conseguían este obxectivo, foi a idea coa que naceu Alén Space. A empresa foi creada por estudantes da Universidade de Vigo que participaron na construción de XaTcobeo, o primeiro nanosatélite español lanzado ao espazo en 2013.

Visitamos as súas instalacións para falar con algúns dos seus membros e coñecer de preto como se prepara a revolución do chamado Novo Espazo, un innovador concepto no que “máis económico e máis rápido” son as palabras de orde. 

Publicidade

Contido patrocinado

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Un neno maltratado ten tres veces máis risco de desenvolver unha adicción de adulto

O estudo dunha investigadora da Universidade de Queensland analiza as consecuencias do maltrato infantil a longo prazo

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844