Luns 14 Xullo 2025

Tres anos de récord: a guía astronómica para ver as próximas eclipses dende Galicia

O escurecemento total polo fenómeno luar será visible o próximo 7 de setembro e o mesmo pasará co sol o seguinte 12 de agosto de 2026

Entre catro e sete eclipses hai cada ano. Algúns de lúa, outros de sol. Como mínimo, hai dous de cada, xa que un se produce media lunación despois do outro. Iso si, non sempre son visibles desde Galicia. De feito, nas últimas décadas a comunidade non tivo moita sorte. A última eclipse solar anular visible foi en 2005, e a total, en 1912, hai máis dun século. Agora, entre 2025 e 2028, haberá dúas eclipses totais e unha anular que se poderán observar desde distintos puntos da península.

Eclipse solar total. Foto: NASA
Eclipse solar total. Foto: NASA

Galicia terá a súa grande oportunidade o 12 de agosto de 2026. Será a única solar total visible desde a comunidade. A eclipse poderá verse en diferentes puntos, como na metade leste da Coruña, así como na súa capital e en Ferrol. A eclipse comezará ás 19:30 horas e rematará ás 21:21. Porén, a maioría deste tempo só será parcial. O total durará un minuto e 16 segundos, segundo as estimacións para A Coruña. Comezará ás 20:27 horas e 35 segundos. O seu punto álxido será ás 20:28 e 13 segundos.

Publicidade

Tamén será visible na meirande parte de Lugo, con cronoloxías similares, incluída a súa capital, e nalgúns puntos do nordeste ourensán. Non será posible observalo na súa totalidade desde Santiago aínda que aqueles interesados poderán desprazarse cara ao nordeste para poder velo desde localidades próximas. Si poderán ver unha eclipse parcial de sol durante esas case dúas horas, comezando practicamente á vez que na Coruña. O mesmo ocorrerá en calquera outro punto da comunidade, como A Guarda, Vigo e Ourense.

Aqueles que estean en Foz, Burela e Viveiro estarán no grupo dos que máis tempo poderán observalo: ata un minuto e 40 segundos. O punto de Galicia no que máis durará, previsiblemente, será en Ribadeo, con un minuto e 49 segundos.

Publicidade

Unha eclipse total de lúa

Aínda que algo máis frecuentes, as eclipses lunares totais tamén son un espectáculo curioso. Este mesmo ano, toda Galicia puido ver unha en marzo. Agora, a parte do leste e do sur da comunidade poderá ver a eclipse total en lugares como Verín e Burela. Será o próximo 7 de setembro. No resto do territorio esta eclipse lunar será parcial.

No resto do país será completamente visible en calquera punto: Madrid, Sevilla, Valencia e Barcelona. No caso de Portugal, só será observable nos puntos do interior e do sur do país: en Beja, Castelo Branco, Évora e Faro.

Eclipses solares noutros puntos da península

Se alguén quere ver unha eclipse solar e non está no norte peninsular ese 12 de agosto, terá a oportunidade de contemplar outros se pode desprazarse a certos puntos da península. Iso si, eclipse solar total só haberá unha máis nos próximos anos: o 2 de agosto de 2027. Durará moito máis, (ata catro minutos e medio no punto máis ao sur da península) e entre un e dous minutos en lugares como Málaga. Ocorrerá de mañá, sobre as 10:47 horas.

Por último, os cidadáns da metade sur de España poderán ver unha eclipse solar anular o 26 de xaneiro de 2028. Durará ata sete minutos en lugares como Huelva, Sevilla, Córdoba e Albacete. Tamén será visible en lugares do leste como Teruel, Tarragona, Lleida, Barcelona e ata Xirona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O próximo salto do IGFAE: un centro renovado para abordar os grandes retos da física

As súas instalacións, inauguradas en xuño, contan cun espazo de 5.200 cadrados, cunha maior superficie destinada a laboratorios punteiros

O mapa actualizado do radon revela que o 91% dos concellos galegos rexistran niveis elevados do gas canceríxeno

Só tres municipios están libres do elemento radioactivo que pode provocar enfermidades respiratorias como o cancro de pulmón

Cal é o nome máis común no teu concello? Compróbao neste mapa

Manuel e María son os máis frecuentes no conxunto de Galicia e nas catro provincias, seguidos de José e María del Carmen

Investigadores galegos revelan como o ADN conta a historia da supervivencia das especies

As ferramentas usadas no estudo permiten estimar os tamaños das poboacións de forma máis precisa para determinar o seu nivel de risco