Como se verá a eclipse do sábado en cada unha das catro provincias galegas

O fenómeno astronómico poderá observarse dende as 10:42 ata as 12:39 horas, cando se verá que lle falta un anaco ao astro rei

O sábado pola mañá producirase un espectacular fenómeno astronómico. Faltaralle un anaco á circunferencia do sol a causa dunha eclipse parcial. Poderase observar en toda a súa plenitude dende Galicia. Non obstante, haberá lixeiras diferenzas nas súas capitais de provincia, tal e como salienta este mércores o Observatorio Astronómico Nacional. A primeira cidade en observar a eclipse será Pontevedra, dado que o espectáculo comezará ás 10:42 horas. Un minuto despois empezará en Ourense, despois na Coruña e finalmente en Lugo ás 10:45 horas. O máximo da eclipse acadarase entre as 11:38 e as 11: 40. Rematará entre as 12:37 e as 12:39 horas.

Este fenómeno astronómico é o primeiro dos catro que se poderán ver nos próximos anos. Amais deste de 2025, o 12 de agosto de 2026 e o 2 de agosto de 2027 produciranse dúas eclipses solares totais. Finalmente, o 26 de xaneiro de 2028 haberá un anular. Con todo, é importante que para observar estes fenómenos tomes as precaucións axeitadas coa túa vista co obxectivo de non danar a retina. Nunca debes mirar o sol directamente e é aconsellable que uses lentes específicas para a observación de eclipses ou filtros homologados.

Publicidade

A continuación, podes ver como se vai observar en cada unha das capitais de provincia galegas:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla