Así será a ponte colgante do Courel que podería ser unha das máis longas do mundo

Enxeñeiros da Universidade da Coruña deseñan unha pasarela de case 650 metros suspendida a máis de 180 metros sobre o val do río Ferreriño, no concello lugués de Quiroga

O concello lugués de Quiroga, no corazón da serra do Courel, quere ter unha das pontes colgantes máis longas do mundo para revitalizar a súa oferta turística. A proposta, deseñada por enxeñeiros da Universidade da Coruña, non é apta para persoas que padezan de vertixe: 648 metros de pasarela suspendida a 186 metros sobre o val do río Ferreiriño.

A ponte de Campodola parte da iniciativa de entidades locales en colaboración co goberno local de Quiroga, que xa tería comezado os primeiros movementos para acadar a financiación necesaria para a súa construcción co ano 2028 no horizonte.

Publicidade

Todo para que o Courel sexa unha parada máis para aqueles que queren ver a natureza a vista de aguia, unha lista na que destacan as espectaculares pontes colgantes de Dolní Morava (Chequia) ou Canilo (Andorra), e á que se sumará proximamente a de Peñarrubia (Cantabria), nos Picos de Europa.

Serra do Courel (Fonte: Wikimedia Commons)

O encargo recaeu no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade da Coruña, composto por Aitor Baldomir, Arturo Fontán e Santiago Hernández, entre outros. Deles parte a idea dunha pasarela de case 650 metros a 186 metros do chan, sostida cunhas catenarias de 828 metros de lonxitude, o récord do mundo neste tipo de estruturas.

Publicidade

Accesible para todos

O diámetro dos cables sería inferior aos 10 centímetros para un peso total da ponte de 170 toneladas, repartidas en 162 módulos de catro metros cada un que se sosteñen por medio de dous planos de péndolas. Para mellorar a súa estabilidade e rixidez, os enxeñeiros deseñaron un sistema de cables inferiores.

A de Campadola diferénciase do resto en que carecería de torres de apoio, o que permite que sexa “case inapreciable na distancia” á vista, favorecendo a súa integración na paisaxe. Tamén resaltan a suavidade da pendente de inclinación da pasarela. Moveríase entre o 1% e o 3% de máxima, o que a faría accesible para todo tipo de público.

1 comentario

  1. Unha trapallada máis para atraer panarras ao monte que non ten máis vida ca saír nas stories do Instagram…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente