A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que daría lugar ás estrañas formas captadas polos satélites do planeta vermello

Marte ten máis arañas que ningún outro planeta do Sistema Solar. Entre as dunas da súa paisaxe, e a través das cicatrices dos impactos que sufriu no pasado, aparecen sombras de longas patas que se deslizan polo po. Obviamente, non son arañas vivas. Estas formas que aparecen nas imaxes de satélite do planeta vermello están feitas, como case todo en Marte, de po. Coñécense como araneiformes, pequenos sistemas de canles escuras que só aparecen na rexión polar do sur de Marte nunha época concreta: na primavera do planeta.

O feito de como xorden exactamente estas arañas cada ano marciano é un misterio, ou polo menos ata o de agora: científicos da Terra conseguiraron recrealas no laboratorio, o que permitirá comprender mellor os procesos que dan forma ás paisaxes alieníxenas de Marte.

Publicidade

“As arañas son estrañas e belas características xeolóxicas por dereito propio”, afirma a científica planetaria Lauren McKeown, do Laboratorio de Propulsión a chorro da NASA. Estes experimentos, engade, “axudarán a afinar os nosos modelos sobre como se forman”.

O frío que pela de Marte

Son moitas as diferenzas entre os fenómenos naturais da Terra e os de Marte. En Marte, as condicións son tan frías que o dióxido de carbono pasa de gas a xeo, algo que non ocorre na natureza aquí na Terra, onde se pode fabricar en condicións especiais e é popularmente coñecido como xeo seco.

Publicidade

O interesante do dióxido de carbono é que non ten forma líquida. A súa forma conxelada sublima directamente nun gas. Isto é precisamente o que McKeown e os seus colegas pensaron inicialmente que podería causar a estraña forma das arañas marcianas.

Esta explicación coñécese como modelo de Kieffer, en honra ao xeofísico Hugh Kieffer, que describiu estes procesos de formación no ano 2006. Durante o frío inverno en Marte, o dióxido de carbono da atmosfera conxélase no chan. Logo, cando chega a primavera e soben as temperaturas, este xeo de dióxido de carbono volve ao seu estado gaseoso.

As arañas, produto dunha explosión

Con todo, este proceso podería ocorrer no fondo dun depósito de xeo, coa sucidade marciana máis escura debaixo e absorbendo a calor. Isto atraparía o gas sublimado baixo as placas de xeo de enriba.

Sen ningún lugar ao que poida ir o gas, a presión aumenta ata rachar o xeo nunha pequena explosión; o gas de dióxido de carbono fuxe a través destas fisuras, arrastrando consigo material máis escuro e cheo de po. Unha vez que todo o xeo volte á atmosfera, queda no solo unha cicatriz escura e con forma de araña.

Cámara que recrea as condicións de Marte dentro do proxecto DUSTIE. Foto: NASA.

Para tentar recrear as condicións de Marte na Terra, os investigadores empregaron unha cámara deseñada para reproducir a temperatura e a presión do planeta vermello. E os resultados son incribles: Efectivamente, as condicións da cámara produciran, en miniatura, a mesma forma de araña vista no polo sur de Marte. No futuro, os investigadores agardan mellorar as súas técnicas para reproducir mellor o resultado e estudar, así, estas estrañas obras da natureza.

Referencia: A Lab-scale Investigation of the Mars Kieffer Model” (Publicado en The Planetary Science Journal)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación