Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

A imaxe captada pola misión Mars Express mostra o que parece ser unha gran mancha de neve fresca e sen pisar. Pero lonxe de ser un paraíso invernal, trátase do cráter Korolev. Atópase en Marte e foi retratado pola misión espacial lanzada o 2 de xuño de 2003, chegando ao planeta vermello seis meses despois. Coincidindo co décimo quinto aniversario da posta en órbita do satélite e do comezo do programa científico, móstrase esta espectacular fotografía do cráter.

As imaxes que foron tomadas pola Cámara Estéreo de Alta Resolución (HRSC) de Mars Express son unha gran celebración deste fito. “A imaxe mostra unha vista do cráter Korolev que comprende cinco ‘franxas’ diferentes que se xuntaron para crear unha soa imaxe, con cada franxa recollida nunha órbita diferente”, explican dende a Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés). Engaden que o cráter “se mostra en perspectiva, contexto e vistas topográficas”, o que permite obter unha visión máis completa do terreo no seu interior e proximidades.

Publicidade

1 comentario

  1. Unha pasada de imaxe, espectacular! Pero, “… o que parece ser una gran mancha de Hebe fresca …? Si non se sabe, estaría ben aclaralo. E si se lanzou en zulo de 2003, e chegou no 2004 o 15 aniversario sería aló po lo 2019. Supoño que entendín mal su en algún punto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz

A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que dá lugar ás estrañas formas captadas polos satélites no planeta vermello