A NASA anuncia que haberá mais tormentas xeomagnéticas coa chegada do máximo solar

O cambio de ciclo do Sol, producido cada 11 anos, afecta á frecuencia e intensidade dos distintos fenómenos que acontecen na estrela: de que xeito inflúe isto na Terra?

Habitantes da Terra, prepárense. A NASA, a NOAA (Oficina Nacional de Administración Oceánica e Atmosferica) e o Panel de Predición do Ciclo Solar declaran que, dun xeito oficial, o máximo solar xa se atopa en marcha. Que implicacións ten isto? O astro está a piques de acadar o punto álxido dentro do seu ciclo, que dura 11 anos: cando isto ocorre aumenta a súa actividade, o cal leva a unha maior cantidade de manchas e erupcións solares e a máis execcións de masa que poderían ocasionar novas tormentas xeomagnéticas no noso planeta.

Nalgún momento, e no medio de todo o algareo, os polos magnético do Sol intercambiaranse, e a súa actividade comazará a diminuír, dirixíndose cara á calma do seu ciclo, coñecida como o mínimo solar. Porén, tal e como subliñan dende a NASA, non saberemos con exactitude cando ocorrerá isto ata que o máximo solar finalice.

Publicidade

“O anuncio non implica que este sexa o pico de actividade solar que veremos dentro deste ciclo”, afirma o meteorólogo da NOAA Elsayed Talaat. A explicación disto é que, aínda que o Sol xa acadou este período de máximo solar, non se pode adiviñar cal será o mes no que haxa maior actividade ata que finalice por completo o ciclo. “O seu punto máximo non se identificará ata dentro de meses ou anos”.

Mudar canda 11 anos

O Sol é unha presenza fiable nas nosas vidas: sen dúbida unha boa noticia, xa que a nosa propia existencia neste planeta depende desta estrela. Porén, iso non significa que o Sol sexa intrinsecamente constante: experimenta os seus propios cambios, un dos cales é o ciclo de actividade de 11 anos.

Publicidade

Polo de agora non se coñece moito sobre o que impulsa estes ciclos: pescudar o que ocorre no interior do Sol é complexo, e aínda que cada ciclo dura aproximadamente 11 anos, a súa duración exacta varía. Non podemos predicir con certeza a súa duración, nin a súa intensidade, nin sequera cando se producirán os máximos e os mínimos solares.

“Non entendemos completamente a dínamo solar, que xera os campos magnéticos que ven na superficie en forma de manchas solares e que producen as laparadas. É un dos problemas pendentes da astrofísica”, sinala Michael Wheatland, astrofísico da Universidade de Sydney (Australia).

Con todo, o que si coñecen os científicos é o modo no que se manifesta un ciclo solar: de feito, empregan estas manifestacións para seguir a evolución de cada ciclo. Neste sentido, a sinal clave son as manchas solares, rexións máis frías e escuras que a superficie solar circundante.

Máximos e mínimos

O mínimo solar é cando hai menos manchas solares. O máximo solar dáse cando as manchas salpican a superficie como pencas. E con elas chegan os grandes estalidos solares. Cando as enmarañadas liñas de campo magnético das manchas solares rompen e voltan a conectarse, rachan en potentes estalidos de luz e enerxía: son as erupcións solares. E ás veces tamén expulsan violentamente miles de millóns de toneladas de partículas solares, lanzándose a través do sistema solar; son as execcións de masa da coroa solar.

Ambos os fenómenos poden afectar á Terra. Ao chegar ao noso planeta, as execcións de masa chocan contra o seu campo magnético, xerando e fenómeno coñecido como tormentas xeomagnéticas, as cales teñen como consecuencia a aparición das auroras boreais que vimos recentemente en Galicia.

Estas tormentas poden chegar a ser perigosas, xa que xeran correntes que poden interferir no funcionamento da rede eléctrica, dificultar as comunicacións e a navegación e afectar o funcionamento dos satélites. O ciclo solar actual é significativamente máis forte que as predicións iniciais da NASA e a NOAA, pero non é o ciclo solar máis forte que se rexistrara, e segue estando dentro dos límites normais.

A laparada máis potente do ciclo actual estalou o pasado 4 de outubro, e aínda que se atopa entre as 20 máis potentes xamais medidas, hai algúns monstros absolutos nesa lista que probablemente nin sequera notases.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman