A eclipse a través do móbil: o novo simulador para saber como se verá dende calquera punto de Galicia

A aplicación en liña emprega a cámara, o GPS, o acelerómetro e a brúxula para recrear o fenómeno astronómico do ano

A longa espera está a piques de rematar: quedan só un día e menos de dez horas para poder observar a eclipse total de Sol dende Galicia. Aínda que o tempo augura a chegada de nubes baixas —as máis perigosas para a visualización do fenómeno, xa que son moi densas—, a poboación continúa a buscar cal é o mellor sitio para velo. Pero, e se é o teu concello? Un novo simulador en liña, accesible a través do teléfono móbil, permite coñecer como se vai ver a eclipse dende calquera localización empregando a cámara, o acelerómetro, a brúxula e o GPS do dispositivo.

Grazas a esas ferramentas, a aplicación “Miradoiro da eclipse” calcula cara a onde mirar e cando mirar dende a túa posición, e emprega a cámara para comprobar se o horizonte real está despexado.

Publicidade

Ademais, é posible facer unha simulación en calquer outro sitio sen moverte: débese elixir un punto no mapa e a aplicación debuxa a eclipse sobre a imaxe real desa rúa en Google Street View, coa hora, a altura do Sol e o percorrido completo da Lúa sobre o astro. Desta forma, serve para realizar un dos consellos máis importantes para o 12 de agosto: planificar días antes.

Como funciona?

Dentro da páxina web, preséntanse tres apartados, ademais da función principal da aplicación: “Galería”, para poder compartir unha fotografía de como cada usuario vai ver a eclipse; “O tempo”, que leva á páxina web da Aemet, onde se está a realizar un seguimento diario da predición meteorolóxica; e “Tráfico”, que dirixe ao usuario ao mapa interactivo da Dirección Xeral de Tráfico (DGT).

Publicidade

Con todo, destacan dúas opcións principais: simular unha eclipse na túa localización ou simular noutro lugar. Na primeira, a aplicación solicita acceso á situación do móbil e ofrece todos os detalles principais sobre como será o fenómeno: totalidade ou parcialidade; hora de inicio, fin e máximo do evento; e magnitude, ademais dun mapa que ilustra a banda de totalidade. A continuación, pódese abrir a cámara e, tras calibrar o teléfono apuntando ao horizonte, sen ladealo e xirando despacio, a aplicación mide o campo de visión real. Cando remata, aparece unha ilustración animada sobre como será o traxecto da Lúa e como cubrirá por completo o Sol sobre o ceo da imaxe da cámara, a fin de simular o que ocorrerá o 12 de agosto.


Podes acceder ao simulador da eclipse total de Sol do 12 de agosto na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente