Especies de estrangulamento… Peixes que afogan mariñeiros?

Unha tradución atrapallada levou a usar un termo metafórico para unha expresión burocrática

A finais do ano pasado a Galicia mariñeira volveu estar pendente de Bruxelas e da negociación das cotas de pesca para 2019. E este ano, entre cotas de capturas, stocks e outras expresións habituais apareceu un termo que nos chamou a atención: especies de estrangulamento.

Se a entendemos en sentido literal, leva a nosa imaxinación cara a historias de aventuras, con cefalópodos xigantes que esganan mariñeiros e destrúen mastros e cubertas… Pero a realidade é –por sorte– ben máis prosaica, e esa expresión úsase para referirse a unha especie que, sendo secundaria para un barco dedicado a unha pescaría mixta (o cal ten por iso unha cota de capturas pequena), pode provocar a suspensión do dereito de pesca para esa embarcación impedíndolle capturar incluso especies principais e para as que si ten cota, co fin de evitar a sobrepesca da especie secundaria.

Publicidade

E como se chegou a unha expresión tan metafórica para un concepto tan burocrático? Pois por unha tradución atrapallada ao español (especies de estrangulamiento) do orixinal inglés (choke species), que moitas fontes galegas se limitaron a adaptar graficamente sen cuestionamento ningún.

Que por que dicimos que é atrapallada? Porque é certo que en inglés choke significa ‘esganar’, pero cando se refire a persoas. Se se aplica a condutos ou procesos o seu sentido está máis achegado ao noso atoar ou bloquear.

Publicidade

Así se entende tamén en francés, onde se usa espèce limitante ou espèce a quota limitant; en portugués (espécie bloqueadora) ou en italiano (specie a contingente limitante), e así o deberiamos entender en galego.

Por iso, optamos por desbotar as metáforas asasinas e e recomendar o emprego de especie bloqueadora: unha denominación máis transparente e descritiva (porque a especie en cuestión bloquea a posibilidade de que o barco siga pescando) e que ademais aliña o galego canda a maioría das lingua románicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos