Fai sesenta e seis millóns de anos, algo cambiou o mundo de xeito catastrófico. Arredor do 75 por cento das especies de plantas e animais morreron, eliminando aos dinosauros. Isto marcou o final do período Cretácico e comezou un novo amencer na Terra: o Cenozoico, a era dos mamíferos. Pero non temos unha certeza sobre as causas deste fenómeno. Sempre se simplificou co impacto dun grande meteorito, pero agora semella que as razóns foron máis complexas.
Publicidade

Os rexistros fósiles e xeolóxicos amosan tempos turbulentos que se estenden por un millón de anos: ao xigantesco impacto dun asteroide, hai que engadir unha intensa actividade volcánica por todo o mundo.
Cráter de Chicxulub.
Agora os xeólogos atoparon novos datos das chamadas Escaleiras do Decán: fluxos de lava volcánica que cobren unha rexión de polo menos 500 quilómetros na India. Unhas erupcións supermasivas provocaron a contaminación total da atmosfera e destruiron boa parte da vida na Terra. Curiosamente, coinciden na época co impacto do meteorito que se pensaba que matara aos dinosauros.
“Diría, con bastante alta confianza, que as erupcións masivas aconteceron alí dentro dos 50.000 e 30.000 anos do impacto, o que significa que estaban sincronizados”, dixo Paul Renne, científico planetario do Centro de Xeocronoloxía da Universidade de Berkeley. “Esa é unha validación importante da hipótese de que o impacto renovou os fluxos de lava”.
Sabemos que as Escaleiras do Decán coas súas erupcións e emisións de gases á atmosfera estiveron activas durante aproximadamente un millón de anos. Tamén sabemos que un asteroide golpeou a Terra nalgún momento durante este tempo, creando o cráter Chicxulub en México. Agora os científicos cren que ambos fenómenos estiveron relacionados e que, conxuntamente, provocaron a grande extinción que rematou co Cretácico.
Anteriormente, os xeólogos pensaban que aredor do 80 por cento da erupción masiva das Escaleiras do Decán acontecera antes do impacto do asteroide, que coincide coa extinción masiva. O novo estudo demostrou que este non foi o caso. Os seus datos amosan que as erupciones xa se producían durante uns 400.000 anos antes da data do cráter. E, despois do impacto, intensificáronse: arredor do 75 por cento dos fluxos de lava aconteceron nos 600.000 anos posteriores ao impacto.

Por iso, a nova teoría sobre a extinción dos dinosauros combina ambos escenarios: os volcáns fixeron erupción, botaron a maior parte do seu dióxido de carbono, metano e dióxido de xofre e provocaron un intenso efecto invernadoiro; entón, o asteroide golpeoua Terra.
Entón, iso significa que o asteroide non xogou ningún papel? Ben, non necesariamente, porque era unha rocha enorme. Deixou o segundo cráter de impacto máis grande coñecido no mundo, con 150 quilómetros de diámetro.
Aínda que, cando impactou, o mundo estaba xa moi mal para a vida por efecto das erupcións das Escaleiras do Decán, aquela colisión do meteorito non pode ser ignorada. O equipo cre que desencadeou unha actividade sísmica que activou aínda máis os volcáns, acelerando a extinción de boa parte da vida na Terra.
A investigación do equipo foi publicada na revista Science e aquí podes consultar o artigo.