Máis nomes ca orellas: o caso do crotal

Sempre nos gabamos de que en galego temos non sei cantas ducias de palabras para referirnos á chuvia, aos estraloques ou ás donicelas. Pero o noso amor pola diversidade (ou a dificultade para poñernos de acordo) lévanos a reproducir este principio para bautizar obxectos moito máis modernos, coma o que vedes na imaxe de máis arriba.

Trátase dunha ‘placa que se prende na orella do gando vacún, porcino, ovino ou caprino, na que se indica por medio de claves unha serie de datos (lugar de procedencia, explotación en que o animal naceu, código individualizado…) que permiten indentificalo e favorecen a súa rastrexabilidade e a dos produtos del derivados’. O Anexo III deste Boletín Oficial do Estado descríbeo con detalle.

Publicidade

Pois segundo a fonte que consultemos, a ese obxecto chámaselle en galego:

Parece excesivo que haxa máis nomes para o obxecto ca orellas teñen os animais para colgalo, así que imos ver de podar esta matogueira, dando argumentos para non empregar algúns e para conservar os restantes:

  • marca auricular debe desbotarse por impreciso: os dispositivos inseridos nas orellas son só un dos tipo de marca auricular. Hoxe son os máis frecuentes, pero ata non hai moitos anos convivían con outros como a tatuaxe ou as fanaduras.
  • crotal ten toda a pinta de ser unha copia do español (en inglés usan ear tag, en francés etiquette d’oreille e en portugués brinco).
  • crótalo intenta evitar o calco directo do español recuperando a palabra en que este se basea, como tamén fai o catalán, pero non acadou presenza ningunha na documentación técnica.
As tres formas restantes (brinco, pendente e chapa) aproveitan a semellanza dese obxecto cos adornos que os seres humanos colgamos das orellas e calquera delas é acaída para designar o dispositivo de identificación animal de que estamos a falar. Pero o feito de que brinco sexa a elixida nos textos legais que o describen e regulamentan outórgalle —na nosa opinión— un lugar de privilexio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo feito en Lugo revela que case o 30% dos adolescentes sofren fobia a quedar sen móbil

A investigación USC saca á luz a relación deste medo irracional co consumo de alcol, tabaco e cánnabis

A matemática Elena Vázquez Abal, Premio de Divulgación da Academia de Ciencias

A gañadora por unanimidade pon en valor o recoñecemento ás mulleres que comunican e o uso do galego na profesión

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX

Como rexenerar o monte galego para resistir o cambio climático? Así o investigan na USC

Un grupo de Lugo proba distintas combinacións para a introdución de especies animais e vexetais en Quiroga, Abegondo e Cervantes