Vivendas con Internet e banda ancha en Galicia de 2009 a 2014.

Vivendas con Internet e banda ancha en Galicia de 2009 a 2014.

Galicia despega en Internet

Supera por primeira vez a media estatal en acceso de 26 a 44 anos, é líder en webs de empresa e tamén en Administración electrónica

Evolución das compras por Internet en Galicia.

Evolución das compras por Internet en Galicia.

Galicia supera por primeira vez a media estatal en uso de ordenador e Internet no grupo de idade dos 26 a 44 anos e o 100% dos mozos de 16 a 24 anos navega pola Rede. Actualmente, máis do 72% dos fogares galegos dispón de ordenador e case un 70% de banda ancha. Ademais, no ránking autonómico, as microempresas galegas sitúanse na primeira posición en dispoñibilidade de páxina web e na cuarta en participación en redes sociais. Cabe destacar tamén que o 12,4% destas compañías teñen contratada velocidades entre os 30 Mbps e 100 Mbps, igualando o valor medio estatal. Galicia despunta igualmente no emprego da Administración electrónica, situándose como a primeira comunidade en canto á interacción da cidadanía coas administracións públicas (72,6%).

Estas son algunhas das principais conclusións que se extraen da 15ª edición do informe ‘La Sociedad de la Información en España’, correspondente a 2014 e presentado pola Fundación Telefónica.

O 72,6% dos fogares galegos dispón de ordenador, un 6% máis que en 2013, reducindo en 2,7 puntos a diferenza coa media estatal. Un 69,1% dispón de banda ancha, incrementándose un 50% dende o 2010, ano no que arrancaba o Plan de Banda Ancha da Xunta de Galicia. Ademais, un 82,9% accede a través de dispositivos móbiles, 1,2 puntos máis que a media estatal.

Un 87,3 por cento dos internautas galegos lé os xornais online

Un 69,3% da poboación galega empregou Internet nos tres últimos meses e un 25,9% comprou a través da Rede nese período, experimentando un crecemento do 22% respecto ao 2013. Por primeira vez, Galicia supera a media estatal no uso de ordenador e Internet no grupo de idade de 16 a 44 anos e o 100% dos mozos de 16 a 24 anos usa Internet.

En relación ao uso dos servizos de Internet, un 87,3% dos internautas galegos le xornais online, case 10 puntos por riba da media estatal, un 65,3% participa en redes sociais e un 50% solicitou unha cita médica a través da web, 14 puntos máis que a media estatal.

Un 33,1% das microempresas galegas con conexión a Internet dispón de web, un 17,8% máis que o ano anterior, situando a Galicia na 1ª posición no ranking autonómico.

Galicia é a quinta Comunidade no sector TIC, con máis de 15.000 empregos

O sector TIC ten especial relevancia no tecido empresarial galego: Galicia é a quinta Comunidade en número de empresas (2.232) e emprega 15.312 traballadores/as.

Galicia ascende un posto e pasa a ocupar a 1ª posición na interacción da cidadanía coas Administracións Públicas a través de Internet cunha porcentaxe do 72,6%, 9,2 puntos máis que a media estatal.

Segundo a forma de interacción, Galicia tamén ocupa a 1ª posición no ranking autonómico para obter información de páxinas web da Administración e a 2ª posición na descarga de formularios. Ademais, ascende 4 postos no ranking respecto ao envío de formularios cumprimentados, pasando da 7ª posición no ano 2013 á 3ª posición no 2014. Concretamente, un 67,8% dos internautas galegos obtivo información de páxinas web da Administración (7,8 puntos máis que a media estatal), un 48,9% descargou formularios oficiais (4,8 puntos máis que a media estatal) e un 40,6% enviou formularios cumprimentados.

O informe de Telefónica revela a evolución da conexión a Internet das empresas.

O informe de Telefónica revela a evolución da conexión a Internet das empresas.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.