Os recortes cébanse co I+D galego

O gasto interno en I+D cae en Galicia a un ritmo maior que a media de España. Os datos, publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE) son desesperanzadores: o desembolso caeu un 3,9% en 2013 o que se traduce en 19,199 millóns de euros menos en investigación e desenvolvemento respecto a 2012. Pero o máis preocupante é que o gasto en I+D está en caída libre desde o ano 2007, previo ó estoupido da crise económica e dos recortes orzamentarios. Neses sete anos, entre 2007-2013, o gasto en Galicia caeu en 86,925 millóns de euros, é dicir, retrocedeu nada menos que un 15,65 por cento. Aquel ano previo ó tsunami económico que azouta España, o gasto galego en I+D acadou o seu cénit con 555.626 millóns de euros. Desde entón, a regresión foi continuada.
A tendencia regresiva en Galicia é maior que a media estatal. Así, o gasto no total de España caeu un 2,83 por cento respecto a 2012, pasando de 13.391.607 a 13.011.798 euros. A caída é, por tanto, 1,1 puntos menor que en Galicia. A fenda faise moito máis profunda comparando a evolución entre os anos 2007 e 2013, período no que no total de España o gasto en I+D caeu un 2,84 por cento, unha diferenza de -12,8 puntos respecto á caída galega.
O desembolso galego en I+D só representa o 3,6 por cento do total de España. E, con todo, coloca a autonomía como a sétima con maior gasto interno. Na taxa de variación entre 2012-2013, Galicia ocupa o oitavo posto con esa caída do 3,9 por cento.

Emprego

A tendencia é menos dramática no referente á creación de emprego. Galicia tamén destruíu postos de traballo a xornada completa vinculados ó I+D. A comunidade perdeu un 1,3 por cento respecto a 2012, se ben medrou un 8,4 por cento desde 2007. É dicir, en sete anos o balance é de 726 empregados máis en Galicia. Esa tendencia contrasta coa media estatal, onde se perdeu un 2,6 por cento respecto ó ano 2012 e só creceu un 1 por cento desde 2007.
O sector do I+D galego aporta o 4,6 por cento do total de empregos en España, o que coloca a nosa autonomía no sexto posto, só por baixo de Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunitat Valenciana e País Vasco.

Gasto en I+D ano 2013
Fonte: INE.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona