Venres 26 Abril 2024

Deixar de fumar mellora o humor e alivia a depresión

As persoas que deixan de fumar por medio dun tratamento psicolóxico cognitivo condutual presentan unha diminución da sintomatoloxía depresiva, que se mantén conforme pasa o tempo de abstinencia. Así o constata o equipo da Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Facultade de Psicoloxía da USC que dirixe o profesor  nun estudo publicado este mes na prestixiosa revista Journal of Affective Disorders.

Elisardo Becoña.
Elisardo Becoña.

O equipo da USC comprobou nunha mostra de 242 fumadores –cunha media de idade de 41,71 anos e de 20.57 cigarrillos por día– que os que deixan o tabaco conseguen, co tratamento psicolóxico que lles aplican, un descenso da súa sintomatoloxía depresiva, “o que demostra a eficacia do tratamento tanto para deixar de fumar como para mellorar o seu estado de ánimo”.

Publicidade

Becoña sinala como o resultado máis importante e novidoso do estudo que aquelas persoas que seguen abstinentes co paso do tempo, ata un ano despois, logran que dita sintomatoloxía depresiva siga descendendo. “Á metade desde antes do tratamento a un ano despois”, matiza.

As estratexias de xestión de estado de ánimo que se utilizan poden, xa que logo, ser decisivas non só para aumentar a probabilidade de deixar de fumar senón tamén para mellorar o estado de ánimo; “de aí a importancia de incluílas nos tratamentos independentemente de se a depresión está ou non presente”, advirte o catedrático da USC. “Podemos concluír que deixar de fumar é recomendable mesmo naquelas persoas que se pensaba que terían dificultades debido a que presentan problemas depresivos”, di.

O investigador Elisardo Becoña dirixe os tratamentos para deixar de fumar

A Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da USC ofrece varios tipos de tratamento para persoas que demandan axuda deste servizo da Facultade de Psicoloxía, realizados individualmente e en grupo. Na actualidade, existe a posibilidade de participar nun programa xenérico aberto a calquera persoa; e outros tres específicos, para mulleres ás que lles preocupa aumentar peso ou experimentar problemas co estado de ánimo, para persoas con graves problemas de saúde causados polo consumo de tabaco e que precisan unha intervención intensiva e para quen decida seguir este programa dende a súa casa, por correo.

As persoas interesadas nestes tratamentos da Unidade de Tabaquismo da USC poden contactar nos teléfonos 881 813939 ou 881 813861, así como por correo electrónico (elisardo.becona@usc.es; ana.lopez@usc.es).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas