O Grove convértese na maior reserva de aves

Despois de varios anos de colaboración entre o Concello e SEO BirdLife, O Grove conta coa primeira Reserva Ornitolóxica de Galicia. A función destas reservas é conservar especies concretas de aves, preservar e mellorar hábitats, potenciar o desenvolvemento sustentable, promocionar o uso público con fins didácticos e favorecer a investigación científica.

Observación de aves de SEO Birdlife en O Grove.
Observación de aves de SEO Birdlife en O Grove.

A Reserva Ornitolóxica do Grove é a maior de todas as da rede SEO. Cunha superficie total de 7.534 hectáreas, posúe diversos ecosistemas como humidais, zonas intermareais, lagoas litorais, baías, dunas, praias… amparadas por distintas figuras de protección legal (desde ZEC e ZEPA -dentro da Rede Natura 2000- ata humidal Ramsar e outros) e por iso a súa declaración conta co visto e prace do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Costas do Estado e a Consellería de Medio Ambiente.

Publicidade

A Reserva Ornitolóxica do Grove, comprende tanto medio mariño como o complexo intermareal Umia-O Grove, un dos humidais máis importantes de Galicia e de España por albergar 13.000 aves acuáticas invernantes. Destacan anátidas, limícolas, láridos, ardeidos, corvos mariños e sobre todo espátulas (Platalea eucorodia), do que este é o lugar máis importante de Galicia en invernada e paso migratorio.

Ademáis, están incluidas na reserva as praias da Lanzada, Area da Cruz e Mexilloeira, areais de reprodución dunha especie clasificada ‘vulnerable’ no Catalogo Galego de Especies Ameazadas: a píllara papuda (chorlitejo patinegro) (Charadrius alexandrinus, na que destaca o traballo de catalagación e protección desenvolvido por SEO-Pontevedra nos últimos anos.

Publicidade

A Lanzada é área de reprodución dunha especie ameazada: a píllara papuda

Tamén está na reserva a  Lagoa da Bodeira,  pequena lagoa litoral de abundante vexetación palustre e mergullada, que é un gran refuxio para as anátidas. Na Costa Oeste do Grove, destacan as zonas rochosas combinadas coas de area, onde podemos atopar o gavión atlántico ou o corvo mariño.

Pola súa banda, na Costa Norte do Grove está a levarse a cabo a rexeneración natural do cordón dunar e a formación de charcas que tentan converterse en lugares de acollida de distintas especies de anfibios, insectos e aves e onde participa tamén o grupo local SEO-Pontevedra.

Para rematar, o Monte Siradella é punto máis elevado do Grove. Aquí ten o Complexo Ons-O Grove  a súa Aula da Natureza. Xunto ás súas extraordinarias vistas, conta cunha duna rampante que é das poucas que quedan na comunidade galega.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A espectacular expedición científica para observar aves que acabou cunha ameaza global por hantavirus

O ornitólogo galego Ricardo Hevia viaxa no ‘MV Hondius’ seguindo as pistas da pardela de lentes, unha ave mariña que aniña unicamente nunha illa remota do Atlántico

A Mariña Lucense, primeiro destino galego en obter o selo Observer de Turismo Ornitolóxico

O recoñecemento avala a súa riqueza natural e o seu potencial como enclave de referencia para a observación de aves

De volta ao norte? O ibis eremita que pasou o inverno no Val Miñor fai parada en Cee

Este exemplar nado en Alemaña e que foi guiado por un ultralixeiro até Andalucía podería estar emigrando de regreso para pasar o verán na súa terra de orixe

Así asubían os arroaces nas Rías Baixas para organizarse en grupo e orientarse nas augas

Un estudo recolleu durante 15 anos os sons dos Tursiops Truncatus para comparar as diferenzas nas interaccións entre Galicia e Sardeña