Sábado 20 Abril 2024

O Sol brillou en Compostela 2.291 horas no 2016, o récord en 25 anos

Con preto de 2.300 horas de sol, o pasado 2016 superou todos os rexistros de insolación dos últimos 25 anos, ademais de que o período xullo-agosto foi o máis seco de, cando menos, os últimos 35 anos. Estes son algúns dos apuntes realizado polo director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, no resumo meteorolóxico para a cidade de Santiago de Compostela realizado polo Observatorio compostelá cos datos obtidos na súa estación.

Observatorio Ramón María Aller.
Observatorio Ramón María Aller.

En termos xerais, a precipitación total do pasado ano atópase na media dos últimos 35 anos, se ben Docobo destaca a “bipolarización do réxime de choivas, concentrándose estas no primeiros meses do ano”, mentres que o mes de decembro destacou pola “baixa precipitación, a insolación e as temperaturas máximas alcanzadas”, de feito a media das temperaturas máximas deste mes foi de 15º5, “ algo insólito neste mes do ano”. De 2016, o director do Observatorio Astronómico tamén remarcou que facía sete anos que a temperatura máxima do ano non se producía no mes de setembro ou que o termómetro superou os 30º en 22 xornadas ao longo do verán.

Publicidade

“O pasado ano bate o récord do número de horas de sol medidas polos heliógrafos da USC nas últimas décadas”, sinala o director do Observatorio. Foron 2.291 horas, o que supón un 52,1% das posibles horas de exposición solar, con só 45 días nos que non saíu o astro rei, 89 xornadas con períodos de insolación de entre 6 e 9 horas e outros 113 días con máis de 9 horas”.

Docobo subliñou neste apartado ao último mes do ano, con máis de 158 horas de sol, por diante de xaneiro, febreiro e novembro e moi preto de marzo, a pesar de que neste último mes “a duración do día xa é sensiblemente maior”. Nos meses de xullo e agosto, o Sol estivo presente en Compostela todos os días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

Un río atmosférico e un chorro polar impactarán en Galicia na ponte de decembro

A entrada de varias borrascas e vaguadas descargarán precipitacións ao longo de toda a semana. O único día de tempo estable será o martes

Un lategazo polar baixa drasticamente as temperaturas en Galicia

Os ventos de compoñente norte aumentarán a sensación térmica. As máximas en Lugo non superarán os 12 graos e os 13 na Coruña e Ourense