O Sol brillou en Compostela 2.291 horas no 2016, o récord en 25 anos

Con preto de 2.300 horas de sol, o pasado 2016 superou todos os rexistros de insolación dos últimos 25 anos, ademais de que o período xullo-agosto foi o máis seco de, cando menos, os últimos 35 anos. Estes son algúns dos apuntes realizado polo director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, no resumo meteorolóxico para a cidade de Santiago de Compostela realizado polo Observatorio compostelá cos datos obtidos na súa estación.

Observatorio Ramón María Aller.
Observatorio Ramón María Aller.

En termos xerais, a precipitación total do pasado ano atópase na media dos últimos 35 anos, se ben Docobo destaca a “bipolarización do réxime de choivas, concentrándose estas no primeiros meses do ano”, mentres que o mes de decembro destacou pola “baixa precipitación, a insolación e as temperaturas máximas alcanzadas”, de feito a media das temperaturas máximas deste mes foi de 15º5, “ algo insólito neste mes do ano”. De 2016, o director do Observatorio Astronómico tamén remarcou que facía sete anos que a temperatura máxima do ano non se producía no mes de setembro ou que o termómetro superou os 30º en 22 xornadas ao longo do verán.

Publicidade

“O pasado ano bate o récord do número de horas de sol medidas polos heliógrafos da USC nas últimas décadas”, sinala o director do Observatorio. Foron 2.291 horas, o que supón un 52,1% das posibles horas de exposición solar, con só 45 días nos que non saíu o astro rei, 89 xornadas con períodos de insolación de entre 6 e 9 horas e outros 113 días con máis de 9 horas”.

Docobo subliñou neste apartado ao último mes do ano, con máis de 158 horas de sol, por diante de xaneiro, febreiro e novembro e moi preto de marzo, a pesar de que neste último mes “a duración do día xa é sensiblemente maior”. Nos meses de xullo e agosto, o Sol estivo presente en Compostela todos os días.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia

Galicia pasa das borrascas aos 25 graos ás portas da primavera

O anticiclón das Azores traerá ceos despexados e un ascenso das temperaturas, mentres continúa o temporal no litoral