Venres 26 Abril 2024

Visións do futuro, a exposición que convida a viaxar polo cosmos

A exposición “Visións do futuro” recolle o traballo que realizou un grupo de nove deseñadores que debían inspirarse en proxectos e descubrimentos actuais para imaxinar as misións do futuro. Pódese visitar na planta baixa da Casa das Ciencias.

A colección foi encargada pola NASA e o Jet Propulsion Laboratory e reúne anuncios de viaxes polo Sistema Solar e outros sistemas planetarios. A estética dos 14 carteis que compoñen a exposición recorda as axencias de viaxe dos orixes da aviación comercial.

Publicidade

A estratexia creativa deste proxecto viu da man de Dan Good e David Delgado. Os ilustradores encargados de facer esta publicidade foron Liz Barros Torres con Ceres e Europa; Stefan Cucher con Jupiter Design; Invisible Creature con Grand tour, Mars e Enceladus; Joby Harris con Kepler 16b, Earth, Kepler 186f, PSO J318.5-22 e Titan; Jessue Kawata con Venus; Lois Kim con Typography for Venus and Europa; e por último Ron Miller con Jupiter Illustration.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón