Unha tese de doutoramento avoga por vehículos híbridos

O investigador Djamel Rahmani realizou unha tese de doutoramento no que constatou que existe un “gran descoñecemento” sobre as políticas e incentivos para promover o uso de vehículos con combustibles alternativos que provome a Unión Europea. Para a realización de ‘Assesing drivers’ preferences for hybrid vehicles via discrete choice experiments’ contou cunha mostra de 1.016 condutores.

O estudo indica que os condutores españois prefiren os vehículos híbridos aos convencionais “aínda que en termos xerais non están dispostos a pagar a marxe de prezos que existe entre ambas fórmulas”, explica o investigador, que considera “insuficientes” os 1.500 euros do plan Pive. Pese a esto, Rahmani tamén identificou uns subgrupos de condutores ambientalistas que si están dispostos a pagar algo máis polos vehículos híbridos.

Publicidade

Na investigación analizou os factores que impulsan as decisión de compra de vehículos, especialmente aqueles que son claves para preferir os híbridos aos convecionais. Rahmani tivo especial interese nos efectos dos incentivos económicos na adaptación destes novos coches, concluíndo que “van ter un efecto moi limitado a menos que o seu nivel presente se incremente”.

Neste contexto, Rahmani aposta por unhas políticas ambientais “máis agresivas” cos vehículos convencionais. Entre outras medidas, suxire apoiar a opción dos híbridos con outro incentivos, como serían o estacionamento gratis ou a exención do pago de peaxe en autoestradas, combinando con restricións aos vehículos regulares a través de taxas ou limitación do seu uso en cidades.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un texto inédito de 1760 saca á luz o achado dun corpo saponificado en Noia: “Foi unha profunda conmoción”

O cura de Fruíme investigou o caso e negou a santidade do cadáver, ao que o pobo lle arrincara varias partes para usalas como reliquias

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos