Foto premiada de Julio Castro nos lagos de Covadonga.

Foto premiada de Julio Castro nos lagos de Covadonga.

Premio para esta foto da Vía Láctea do coruñés Julio Castro

O fotógrafo acada un novo galardón por esta imaxe, nun certame no que concurriron máis de quince mil fotos de 89 países

Vía Láctea sobre os lagos de Covadonga. Foto: Julio Castro.

Vía Láctea sobre os lagos de Covadonga. Foto: Julio Castro.

A imaxe de Julio Castro amosa un dos brazos da nosa galaxia, a Vía Láctea, coruscando sobre os lagos de Covadonga, en Asturias. A fotografía xa conseguira a medalla de bronce na categoría de panorámicas nos premios ND Awards 2017. Daquela, presentou a imaxe xunto a outras catro tomadas en Punta Nariga e Vilán, na ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no concello de Ponteceso, e no Meandro del Melero, entre Salamanca e Cáceres.

A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.

A Vía Láctea sobre a ermida da Virxe do Faro en Brantuas, no municipio de Ponteceso. Foto: Julio Castro.

Castro acumula varios premios nos International Photo Awards España, nos premios Epson e outros certames internacionais, Julio só leva catro anos dedicándose a isto. “Empecei no 2014, despois dunha viaxe á costa oeste dos Estados Unidos. Impresionáronme as paisaxes, e á volta, comprei unha cámara e comecei a practicar”, comentaba a GCiencia tras recibir o premio ND Awards.

As facilidades que ofrecen a fotografía dixital e as redes sociais estimularon a afición a este tipo de fotografía, aínda que detrás, recoñece Julio, hai moito traballo e horas de práctica. Conta que, por exemplo, andivo detrás da foto de Covadonga moito tempo. “Quería que houbese neve, que a Vía Láctea estivese ben situada, e iso dáse moi poucas veces cada ano. En canto me enterei de que as condicións eran idóneas, collín o coche e marchei cara aló”, lembra.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.