Martes 30 Abril 2024

A nebulosa Burbulla

Créditos da imaxe: NASA, ESA, Equipo Hubble Heritage – Reprocesado por Maksim Kakitsev
Créditos da imaxe: NASA, ESA, Equipo Hubble Heritage – Reprocesado por Maksim Kakitsev

Explicación: esta aparición interestelar, inchada polo vento procedente dunha estrela masiva, ten unha forma sorprendentemente familiar. Catalogada coma NGC 7635, tamén é coñecida simplemente coma a nebulosa Burbulla. Ainda que semella delicada, a burbulla de 7 anos luz de diámetro ofrece a evidencia de procesos violentos funcionando. Por riba e á esquerda do centro da burbulla hai unha estrela quente de tipo O, varios centos de milleiros de veces máis luminosa e unhas 45 veces máis masiva co Sol. Un fero vento estelar unha intensa radiación procedentes desa estrela arrincaron a estrutura de gas brillante empurrándoo contra o material máis denso da nube molecular que a arrodea. A intrigante nebulosa Burbulla e o complexo asociado están a só 7.100 anos luz de distancia cara a fachendosa constelación Casiopea. Esta imaxe definida e sedutora da burbulla cósmica é unha composición de datos do Telescopio Espacial Hubble de 2016, reprocesados para presentar a potente emisión en banda estreita da nebulosa nun esquema de cores case verdadeiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón