A Lúa nas Híades

Créditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)
Créditos da imaxe e copyright: Jerry Lodriguss (Catching the Light)

Explicación: miraches a Lúa ultimamente? O 18 de abril o seu crecente alumeado polo sol moveuse pola noite do planeta Terra cruzando sobre un fondo de estrelas das Híades. Este achegado cúmulo de estrelas con forma de V, ancorado pola brillante estrela Aldebarán, e o orbe lunar completo aparecen nesta telefoto. A encantadora vista do ceo é realmente unha composición dixital dunha serie de exposicións variadas. A máis curta da serie, rexistrada cun 1/60 de segundo, capta o brillante crecente da Lúa ben polo miúdo. As exposicións máis longas, que van ata os 15 segundos, captan o fondo de estrelas máis tenue así coma a luz cincenta, visible a simple vista coma a parte nocturna na Lúa alumeada pola luz reflectida pola Terra.

Charla en Ourense coas imaxes do último ano. No Liceo, sábado 21 abril ás 20.00.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo