Chega a choiva de estrelas das Líridas

Abril é o mes da choiva de estrelas das Líridas.
Abril é o mes da choiva de estrelas das Líridas.

A noite do sábado 21 ao domingo 22 poderemos gozar do máximo dunha ‘choiva de estrelas’ pouco coñecida: as Líridas. Nesa noite, a actividade será duns 20 meteoros/hora, aínda que en ocasións anteriores sorprendeu con máximos de máis de 100.

O mellor momento para observar este espectáculo será cando se levante sobre o horizonte o punto do que parecen proceder os meteoros vistos desde a nosa perspectiva. A este punto denomínaselle ‘radiante’ e está situado na constelación de Lira, de aí o nome da choiva.

Publicidade

Para localizar o radiante, abonda con atopar a estrela Vega, a segunda máis brillante do hemisferio Norte. Aínda que o radiante é o punto do que parecen radiar, non se recomenda mirar cara el xa que hai maiores posibilidades de gozar da choiva se miramos ao seu redor.

As líridas prodúcense cando as milimétricas partículas de po que deixa ao seu paso o cometa Thatcher ( C/1861 G1) son atraídas pola gravidade terrestre e entran en contacto coa nosa atmosfera á incrible velocidade de 175.000 km/ h (49 km/s).

Publicidade

Fin-de-semana-de-Liridas-la-lluvia-de-estrellas-de-abril_image_380

Os meteoroides, que así se chaman estas partículas, quéntanse de tal forma que entran en ignición, pulverizándose e producindo o fenómeno lumínico chamado meteoro. Se algún fragmento de meteoroide logra impactar contra o noso planeta, estariamos a falar entón de meteorito. Como o tubo de residuos, ou tubo meteórico, está fixo no sistema solar e a Terra vira arredor do Sol cun período constante, sempre o atravesamos nas mesmas datas, de aí a periodicidade anual de todas as choivas de meteoros.

Para gozar do espectáculo é necesario contar coa maior amplitude de campo posible, por tanto, o mellor xeito de disfrutar do espectáculo é facelo a simple vista observando aredor do radiante. Ademais, e como en todas as observacións astronómicas, aconsellamos afastarse da cidade para observar o maior número de meteoros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para observar dende Galicia a choiva de estrelas das Eta Acuáridas

O fenómeno acadará o seu punto álxido o 5 de maio, pero a luminosidade do satélite terrestre e as condicións meteorolóxicas poden dificultar a súa contemplación

Volven as Líridas, unha das chuvias de estrelas máis antigas rexistradas

As previsións de ceos cubertos e choivas dificultarán a observación deste fenómeno.

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos