Os vídeos ‘Rías de Vida’ amosan a beleza submarina de Galicia

O mergullador e realizador Pedro Alonso asina estes audiovisuais que buscan concienciar sobre o patrimonio da costa galega

Vídeos sobre os fondos mariños da ría de Pontevedra que pretenden concienciar sobre o patrimonio natural do mar galego. A Asociación Cultural Rías de Vida lanza este proxecto coa colaboración do GALP Ría de Pontevedra, Consellería de Mar e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

E para esta serie audiovisual contan cun dos mellores retratistas dos fondos submarinos galegos, o mergullador e realizador Pedro Alonso. “A idea principal é estimular preguntas, presentar argumentos visuais sinxelos e favorecer a formación ambiental”, explican dende a organización.

Publicidade

Os audiovisuais están dispoñibles na canle de Youtube de Rías de Vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como revivir a lingua

Estas son as estratexias das marcas para recuperar o galego, dende o derbi galego ata Inditex. Por Andrea Veiga

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular