Buceando de noite entre cabaliños de mar

O pontevedrés Pedro Alonso é un gran divulgador da riqueza mariña das rías galegas. Mergullador e camarógrafo, as gravacións das súas inmersións son xa un clásico en canles como Youtube ou Vimeo, pero tamén moi aprezadas polos científicos. De feito, o proxecto Hippoparques, para o estudo do cabaliño de mar, utiliza e comparte habitualmente as imaxes de Alonso.

Desta volta, presenta un vídeo nocturno gravado en augas da ría de Arousa, concretamente en Punta Cabalo. Onde a cámara amosa exemplares de hippocampus guttulatus, o coñecido como cabaliño de mar narigón. Ao que vemos xunto a outras criaturas mariñas como as anémonas, baixo o foco da súa cámara.

Publicidade

1 comentario

  1. Bo día. Non é un comentario para publicar.
    Eu so quería dicirvos que consultei o dicionario da RAG e bucear é mergullarse en galego.
    Aproveito para felicitarvos polo excelente traballo que facedes divulgando ciencia en galego. Él moi necesario. Grazas e unha aperta

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar as formas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

Onde están as mulleres

Un ano máis, os Nobel de Ciencia só se outorgan a homes

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua