Buceando de noite entre cabaliños de mar

O pontevedrés Pedro Alonso é un gran divulgador da riqueza mariña das rías galegas. Mergullador e camarógrafo, as gravacións das súas inmersións son xa un clásico en canles como Youtube ou Vimeo, pero tamén moi aprezadas polos científicos. De feito, o proxecto Hippoparques, para o estudo do cabaliño de mar, utiliza e comparte habitualmente as imaxes de Alonso.

Desta volta, presenta un vídeo nocturno gravado en augas da ría de Arousa, concretamente en Punta Cabalo. Onde a cámara amosa exemplares de hippocampus guttulatus, o coñecido como cabaliño de mar narigón. Ao que vemos xunto a outras criaturas mariñas como as anémonas, baixo o foco da súa cámara.

Publicidade

1 comentario

  1. Bo día. Non é un comentario para publicar.
    Eu so quería dicirvos que consultei o dicionario da RAG e bucear é mergullarse en galego.
    Aproveito para felicitarvos polo excelente traballo que facedes divulgando ciencia en galego. Él moi necesario. Grazas e unha aperta

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Das mallas nas viñas á vixilancia nas cidades: novas estratexias para loitar contra a velutina dende Galicia

Unha tese da UDC constata que a xestión da avespa asiática require dun cambio de enfoque porque a súa erradicación xa non é unha alternativa realista

Dous novos investigadores principais no CiQUS: así é crear un grupo de investigación dende cero

Os científicos Sara Abalde-Cela e Julián Bergueiro explican os retos de liderar os seus laboratorios tras conseguir dúas prestixiosas axudas europeas

“Reza por min”: estratexias publicitarias nas lápidas da Idade Media

As igrexas e mosteiros medievais funcionaban en realidade como ruidosos paneis publicitarios. Por María Encarnación Martín López

Un estudo revela os 28 concellos nos que se concentra a ultralonxevidade en Galicia

As comarcas da Terra de Caldelas, A Limia, O Carballiño e Allariz-Maceda presentan taxas medias superiores aos 1.000 centenarios por 100.000 habitantes