Publicidade

Os talentos matemáticos do futuro en Galicia comezan a súa formación

A 13ª edición do programa Estalmat botou a andar esta fin de semana, cun acto na Facultade de Matemáticas da USC e unha xornada de convivencia

O proxecto Estalmat-Galicia, centrado no estímulo dos talentos matemáticos en rapaces e rapazas de 12 e 13 anos, botou a andar este sábado na Facultade de Matemáticas, co acto de benvida aos vinte e cinco mozos e mozas que integran a súa 13ª promoción. Este alumnado foi seleccionado logo de superar unha proba na que tomaron parte máis de catrocentos alumnos e alumnas de toda Galicia.

O campamento celebrado na fin de semana, no Albergue de Ecoturismo Alvarella no Concello de Vilarmaior en A Coruña, supón unha toma de contacto entre o alumnado nun ambiente lúdico-matemático. Os mozos e mozas manipulan as cúpulas de Leonardo, participan nun concurso de fotografía matemática, traballan cos exemplares das unidades didácticas de Domingo Fontán e María Wonenburger e realizan un paseo lóxico-matemático á Torre dos Andrade.

Publicidade

Durante o curso os estudantes seguirán un programa especial de estímulo do talento matemático baixo as directrices do proxecto Estalmat-España, que desde o ano 1998 ven implantándose en distintas comunidades como Madrid, Cataluña, Castela e León, Castela-A Mancha, Andalucía, Canarias, Valencia, Cantabria e Illas Baleares. Estas actividades terán lugar na Facultade de Matemáticas nas mañás de vinte sábados de cada un dos dous vindeiros cursos académicos.

Estalmat-Galicia mantén tamén o programa Estalmat PI, dirixido a manter o contacto un ano máis con actividades impartidas en doce sábados do curso. Trátase de detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento que, en moitos casos, poden quedar desatendidos nos círculos normais do ensino e da familia. Nos seus doce anos de implantación, Estalmat-Galicia ten examinado a case 4000 estudantes con grande interese polas matemáticas e ten seleccionado a máis de trescentos “talentos matemáticos”, en palabras do seu presidente.

Publicidade

O acto de apertura do curso estivo presidido polo Vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, acompañado pola decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón, e polo presidente do proxecto Estalmat-Galicia e ex reitor da USC, Juan Viaño Rey. Xunto a eles, tomaron parte os representantes dos patrocinadores principais do proxecto, Juan Carlos Varela Vázquez, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; e Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo. Completaron a mesa  a profesora Mercedes Rodriguez Bruzos do IES Rosalía de Castro, en representación dos docentes que mobilizan e avalan aos estudantes que participan nas probas de selecció

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

É máis doado gañar o premio gordo da lotería de Nadal que estar vivo

A probabilidade de acadar a gran recompensa do día 22 cun so boleto é dunha entre cen mil, mentres que a de nacer é dunha entre cen millóns

Un método matemático galego axuda a controlar os niveis de glicosa en diabéticos

O sistema desenvolvido polo CITMAga estase a aplicar para predicir o crecemento de tumores e optimizar terapias contra o cancro

Un proxecto escoita os sons do mar para caracterizar o fondo do litoral galego

A información achegada polos investigadores do CITMAga sobre o estado do leito mariño axudará a cuantificar a presenza e a concentración de bivalvos e a saúde dos seus ecosistemas

Matemáticas con selo galego para enfrontar o reto das futuras pandemias

O investigador Juan José Nieto Roig coordina en Galicia un proxecto que conta coa participación dalgunha das mellores universidade do mundo