O documental coas fotos de Galicia de Ruth Matilda Anderson

A Asociación cultural Dous Punto Oito estrea na rede este traballo, que segue os pasos da fotógrafa estadounidense en 1924 e 1926

Xa é posible seguir os pasos de Ruth Matilda Anderson por Galicia en 1924 e 1926. A moza fotógrafa estadounidense fixo un abraiante retrato do país  que nos traslada ao pasado.

Agora, a Asociación cultural Dous Punto Oito publicou na rede o seu documental A viaxe de Ruth. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, o documental segue o fío da propia viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson e o seu pai pola Galicia. Con entrevistas a expertos, comparativa entre o escenario das fotos e o actual, entrevistas a descendentes dos protagonistas das imaxes e coidadas recreacións da viaxe, o documental permítenos comprender as circunstancias de elaboración dun dos corpus fotográficos máis importantes da Galicia de principios do século XX.

Publicidade

Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred que tamén era fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington.

Ruth Matilda Anderson, a moza estadounidense que retratou á Galicia dos anos 20

Ruth realizou durante a súa estadía en Galicia unhas 5.500 fotografías, dunha gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.

Publicidade

O documental “A viaxe de Ruth” trata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que un fotógrafo galego, José Reigosa, percorra algúns dos máis importantes escenarios que Ruth fotografou, tratando onde sexa posible de realizar unha toma similar e comprobando canto cambiou Galicia desde aqueles anos a hoxe. Deixando constancia sobre todo dun cambio fundamental como é a transición dunha sociedade rural a unha sociedade maioritariamente urbana.

Colaboraron nesta longametraxe documental a Asociacion veciñal Liga Santaballesa de Vilalba e a aula de Teatro do Concello de Sarria.

As 50 fotos de Ruth Matilda en Galicia que non coñecías

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Máis Hugos e Olivias, e menos Mauros e Lolas: os nomes empregados no 2025 en Galicia

Mateo e Sofía manteñen o liderado entre os máis escollidos para os bebés nados na comunidade segundo a listaxe do IGE

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela