As 50 fotos de Ruth Matilda en Galicia que non coñecías

Romarías, feiras, pescadoras, redeiras, familias nas súas casas, paisaxes, monumentos… nada se lle escapou ao obxectivo da cámara de Ruth Matilda Anderson cando visitou Galicia. Os catálogos xa publicados polo CGAI ou Afundación, que hoxe aínda se poden conseguir en moitas librarías galegas, amosan centos destas imaxes. Porén, hai outros centos de fotos que apenas se coñecen en Galicia.

Son as incluídas en Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña, unha obra pouco coñecida e da que se conservan moi poucos exemplares a este lado do Atlántico. Porén, só se fixo unha edición desta obra, en 1939, por parte da Hispanic Society of America, que aínda mantén á venda na súa web o libro.

Publicidade

As imaxes que seguen foron tomadas desde a mañá do 7 de agosto de 1924, cando  desembarcaba no porto de Vigo xunto ao seu pai. Tiña un encargo: retratar España para a Hispanic Society of America. O seu director, Archer Milton Huntington, fundara a institución en 1904 para difundir nos Estados Unidos a arte e a cultura hispana. Ruth Matilda Anderson comezara a traballar uns anos antes como conservadora de fotografía no museo da sociedade. E pouco despois, Huntington encomendoulle a creación dun arquivo fotográfico que enriquecese o patrimonio da institución.

4 COMENTÁRIOS

  1. A foto numero 15 non e o muelle do Grove, pero si se ven duas dornas Mecas, posiblemente atracaron pa venda e repoñer víveres no porto de Vigo

  2. Un apunte: o que carga a muller cheo de agua en Mondariz non é un caldeiro, é unha sella feita con madeira e aros de metal.

  3. é certo o libro é moi,moi pouco coñecido en Galicia. Eu souben de el nunha exposición do fotografo Catala-Roca en Santiago. O pude comprar en amazon.com por 50€ como un libro descatalogado da Universidade de Michigan (tiven moita sorte). Na sua contraportada ten a pintura da serie que pintou Sorolla para a Hispanic Society dedicada a Galicia.

    Penso que a Xunto ou o Consello da cultura galega deberia facer unha edición facsimil ou unha nova edición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

⁠Algas e microalgas: o tesouro biotecnolóxico que agocha o mar galego

O centro tecnolóxico ANFACO presenta en BioSpain o seu aproveitamento da biomasa mariña para crear novos ingredientes

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta