Un curioso mapa que recrea as vías de comunicación da Hispania romana está percorrendo as redes sociais. O traballo ideado polo xoven estatístico Sasha Trubetskoy, estudante da Universidade de Chicago, foi difundido este xoves polo CSIC e compartiuse xa centos de veces. Ao mirar en detalle é posible ver as vias que percorrían a Gallaecia, como a XVII, a XVIII (Via Nova), a XIX ou a XX (Per Loca Maritima). O trazado, baseado no Itinerario Antonio, recolle tamén o resto de comunicacións da Hispania.
Na súa web, Trubetskoy explica o procedemento, que non estivo exento de dificultades que obrigaron a esquematizar o deseño. Ao seguir o Itinerario Antonino de forma estrita, “tiña que tratar con moitas liñas paralelas. Isto obrigoume a apostar por un deseño alternativo, pero creo que o resultado está ben”.
Cada ‘liña de metro’ é unha das vías, e os ‘intercambiadores’ están nas pincipais cidades, como Asturica Augusta ou Bracara Augusta. Porén, explica o cartógrafo, algúns números non se coreresponden coa fonte orixinal, “xa que algunhas desas rutas eran ambiguas e, por tanto, difíciles de colocar no mapa, mentres que faltaban algunhas rutas importantes sobre as que hai evidencias arqueolóxicas. Excluín as rutas ‘rotas’ de Antonino e incluín outras que faltaban, asignándolles novos números.
No mapa, entre outras vilas galegas con pasado romano, aparecen Lugo, Baralla, Becerreá, A Rúa, Pobra de Trives, Baños de Molgas, Vigo, Tui, Pazos de Borbén, Santiago ou Sandiás.

Podes ver o mapa a tamaño completo nesta ligazón.














