A SGHN celebra a Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade

Esta fin de semana, a Sociedade Galega de Historia Natural celebra en Pontevedra as II Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. A Escola Universitaria de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra acollerá o sábado 24 a presentación de diversos relatorios, e o día 25 proxectarase no Teatro Principal da vila de Pontevedra o documental “Mariposas”, de Alberto José Redondo Villa, profesor na Universidade de Córdoba e divulgador.

O programa completo das Xornadas é o seguinte:

Publicidade

Sábado 24 de novembro 2018

Na Escola Universitaria de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra.

Publicidade

09:00h – 09:45h Recepción de participantes.
09:45h – 10:00h Presentación da xornada.
D. Xosé Lois Rey Muñiz, Delegado da SGHN en Pontevedra.
D. Juan Picos, Director da EU de Enxenería Forestal.

10:00h – 10:40h Diversidade e polinización nas orquídeas de Galicia
D. Marcos Perille Seoane, Colaborador da Universidade da Coruña.

10:45h – 11:25h Cómo estudar tiburóns peláxicos e non sucumbir no intento
D. Gonzalo Mucientes Sandoval, Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos, CIBIO-InBio (Universidade do Porto).

11:30h – 11:55h Pausa para café

12:00h – 12:40h Comunicar biodiversidade ao través do audiovisual
D. Alberto José Redondo Villa, Universidad de Córdoba

12:45h – 13:25h Moluscos invasores e potencialmente invasores en Galicia
D. Juan E. Trigo, Grupo de Estudo do Medio Mariño, (GEMM).

13:30h-13:50h Recuperación de solos de minas fronte a recuperación de especies amezadas
D. Cesar Ayres Fernández – Asociación Herpetologica Española

13:55h-14:15h  Retos na conservación dos morcegos en Galicia
D. Roberto X. Hermida Lorenzo – Asociación Drosera

14:15h-16:25h Xantar

SESIÓN DE TARDE 16:30h-16:50h Áreas Conservadas por Povos Indígenas e Comunidades Locais (ICCAs): uma mudança de paradigma
D.Joám Evans Pim_Comunidade de Frojám

SESIÓN DE TARDE

16:30h-16:50h Áreas Conservadas por Povos Indígenas e Comunidades Locais (ICCAs): uma mudança de paradigma.
D.Joám Evans Pim-Comunidade de Frojám

17:00h-17:40h Etodiversidade: a relevancia do comportamento nos estudos de biodiversidade.
D. Adolfo Cordero Ribera – Universidasde de Vigo

17:45h – 18:05h Os plans de conservación das especies ameazadas de Galicia.
D. Serafín González Prieto – SGHN

18:10h-18:20h Descanso

18:25h – 19:00h DEBATE

Domingo 25 de novembro 2018
Lugar Teatro Principal do Concello de Pontevedra
19:00h – 20:00 Mariposas
Proxección do audiovisual de D. Alberto José Redondo Villa
20:05h – 20:30h Preguntas, diálogo co autor

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

Descuberta unha nova especie fúnxica na illa de Cortegada

O achado de ‘Xylaria polyphaga’ eleva a sete o número de especies novas para a ciencia identificadas no enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Radiografía da lagoa de Baldaio: o fráxil equilibrio entre os fluxos naturais e o impacto humano

A alternancia ambiental propia da lagoa coruñesa enfróntase á herdanza de intervencións artificiais, a presión turística e a perda de biodiversidade

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids