O CITMAga traballará polo futuro das matemáticas de Galicia

A folla de ruta do centro acometerá retos como a sociedade dixital, vida e sustentabilidade e competitividade industrial

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), impulsado de forma conxunta pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola Universidade da Coruña (UDC) e pola Universidade de Vigo (UVigo), acaba de dar a coñecer a súa folla de ruta para “traballar polo futuro das matemáticas de Galicia”, como sinalou Antonio López, reitor da institución compostelá. Xunto a el, tomaron parte na sesión inaugural os reitores da UDC e da UVigo, Julio Abalde e Manuel Joaquín Reigosa; a decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; e a directora científica en funcións de CITMAga, Rosa Crujeiras.

Durante a xornada de presentación desta folla de ruta, os reitores das tres institucións amosaron o seu entusiasmo por levar a cabo esta colaboración, algo que confirmou Elena Vázquez Cendón como “un punto singular na liña do tempo da Facultade“. Por este motivo, a decana, quixo deixar constancia deste fito brindando o libro de honra do centro á sinatura dos tres reitores.

Publicidade

O centro nace coa vontade de integrar as capacidades científicas do ámbito das matemáticas, compartindo visión e estratexia e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento e a cultura colaborativa. Deste xeito, o CITMAga aspira a converterse nun centro de referencia estatal e internacional, constituíndo unha contorna atractiva para o desenvolvemento científico e profesional.

Unha xornada de coñecemento

A primeira parte do programa de presentación do centro estivo dirixida ao persoal investigador vinculado, persoal investigador en formación, persoal propio e persoal investigador colaborador do CITMAga. Nesta sesión, Rosa Crujeiras detallou a axenda do centro para o futuro, baseada en catro grandes áreas de investigación e transferencia. “Tres delas orientadas a retos globais (sociedade dixital, vida e sustentabilidade e competitividade industrial) e unha área de ciencia e coñecemento que realmente é transversal a todas as demais”, explicou a directora.

Publicidade

A continuación, a investigadora Kathryn Hess imparitu unha conferencia arredor da topoloxía, teoría de grupos e neuronas, á que se sucederon as reunións entre o Comité Asesor Científico Externo (CACE) e o Comité Asesor Industrial (CAI). En último lugar, xa durante a tarde, o CACE levou a cabo unha reunión aberta coa dirección e co persoal investigador do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como afrontar a posmenopausa: “O exercicio é a chave de ouro para protexernos”

O proxecto CARE da Universidade da Coruña emprega o adestramento de forza para mellorar a saúde cardiovascular nesta etapa vital

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

A verdadeira identidade do lobo cerval das lendas galegas: a UDC identifica restos do extinto lince boreal

Unha investigación arqueolóxica atopa nunha sima dos Picos de Europa un esqueleto case completo da especie, datado en 210 anos de antigüidade

Vigo como referente aeroespacial: o lanzamento da misión BIXO permitirá estudar a vida no espazo

O equipo de UVigo SpaceLab, apoiado por Zona Franca, analizará durante nove meses o comportamento de bacterias en condicións de microgravidade e radiación