Universidades e Xunta asinan a financiación de 2.480 millóns ata 2020

Os reitores das tres universidades galegas asinaron o convenio que determina o seu financiamento no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020. En total, a Xunta aportará 2.480 millóns de euros ás universidades ata o ano 2020. No acto, celebrado no Pazo de Raxoi, o máximo responsable autonómico, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que o acordo supón “un compromiso explícito coa educación pública universitaria” e coa “modernización da educación superior ” e outorga á universidade galega o papel de “catalizador do tecido produtivo do país”. O presidente destacou que os meses de negociación desembocaron nun plan que “nunca antes mobilizou tantos fondos e que nunca antes recibira a aprobación unánime da comunidade universitaria”. Os reitores, pola súa banda, deron a súa aprobación global aos números, pero consideraron que hai aspectos que se poden “mellorar”.

Os tres reitores formularon críticas malia asinar o novo plan de financiamento

O novo plan de financiamento, que poñerá a disposición das institucións de ensino superior 2.480 millóns de euros, eleva, explicou Feijóo, un 18 por cento os fondos que recibían as universidades e establece un financiamento por resultados que partirá dunha terceira parte do total e irase incrementando ata alcanzar o 40 por cento ao chegar a 2020.

Publicidade

O plan introduce criterios de excelencia para acadar algúns fondos. E recibíu algunhas críticas dos reitores ao termo do propio acto de sinatura do acordo. “O máis positivo é que existe plan”, dixo Salustiano Mato, quen valorou “`poder planificar e ter un escenario económico claro e certeiro para os próximos anos”, explicou. Na “parte negativa” opinou que para Vigo supón “un paso atrás” que “se distribúen menos recursos por resultados”.

Pola súa banda, para o reitor de Santiago, Juan Viaño, o financiamento “global” do sistema universitario “é insuficiente polo momento científico que atravesamos como país”, pero concede que a universidade “non pode vivir nunha illa” cando toda a sociedade pasa “dificultades“.

Publicidade

Xosé Luís Armesto, que acudiu en representación da Coruña, incidiu en que o convenio é “manifestamente mellorable“, sobre todo “no tema de indicadores da parte de resultados “. A súa “esperanza” é que nalgún momento “se teñan en conta consideracións” en temas “importantes” como a preparación para a inserción laboral dos titulados ou a relación universidade-empresa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla