A USC incorpora a Yolanda Prezado, científica referente en protonterapia

O equipo de investigación que lideraba en París desenvolveu unha técnica pioneira de radioterapia menos invasiva e máis eficaz

O Centro de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago (USC) amplía as súas áreas de investigación cunha nova liña de estudo: a protonterapia. Para iso, suma ao seu equipo a Yolanda Prezado, científica referente en París neste campo. Entre os seus obxectivos atópase catalizar a creación dunha comunidade a nivel rexional e nacional que permita situar a España na vangarda da investigación en radio e protonterapia e radiobioloxía.

“Polos seus profesionais, recursos, funcionamento e localización estratéxica, o CiMUS da USC é o ecosistema idóneo para amplificar a investigación neste campo que estaba a desenvolver no Institut Curie, en París, unha investigación que polo seu carácter transversal vai permitir establecer facilmente sinerxías cos distintos grupos deste Centro Singular. As especialidades en bioloxía, medicina e métodos de Drug Discovery do CiMUS son sumamente interesantes para ser aplicadas no campo da radioterapia”, comenta Prezado.

Publicidade

Yolanza Prezado fundou o seu equipo en 2013 no Centro Nacional para a Investigación Científica francés (CNRS) co nome “Novos enfoques en Radioterapia” e integrouse, posteriormente, no 2019, no Institut Curie como líder de grupo en radiobioloxía traslacional. O nome do equipo reflicte claramente a filosofía do seu grupo ao ser a radioterapia un dos piares do tratamento contra o cancro.

A estratexia do seu equipo consiste en modular a resposta biolóxica e, por tanto, dos tratamentos cambiando os parámetros físicos da irradiación. Nesta liña, foron pioneiros no desenvolvemento de novas técnicas de radioterapia, como, por exemplo, a radioterapia con minihaces de protóns, menos invasiva e máis eficaz ao cambiar radicalmente a distribución espacial da dose. Estas novas técnicas en fase preclínica empregan modos de deposición da dose moi diferente á radioterapia convencional e conducen a unha redución drástica da toxicidade, o que permite facer unha escalada de dose segura en tumores agresivos e radioresistentes, aumentando así o índice terapéutico.

Publicidade

Traballan tamén na chamada radioterapia Flash, tamén prometedora para o actual tratamento contra o cancro, cuxas vantaxes radican na rapidez de aplicación do tratamento e a redución da toxicidade. A radioterapia Flash administrada de forma moi rápida reduce nalgúns casos a toxicidade nos órganos sans, mantendo a efectividade fronte ao cancro. Outras liñas de traballo son a optimización das combinacións radio-immunoterapia e a alianza da radioterapia e nanopartículas.

Aplicación clínica

O nova investigadora do CiMUS lembra que as guías e recomendacións internacionais actuais recomendan a radioterapia para tumores oculares, incluídos os melanomas intraoculares; tumores que se aproximan ou se localizan na base do cranio (por exemplo cordomas); tumores primarios ou metastásicos da columna vertebral nos que a tolerancia da medula espiñal poida superarse cun tratamento convencional ou nos que a medula espiñal fose sometida previamente a un tratamento convencional; cancro hepatocelular; certos tipos de tumores sólidos primarios ou benignos en nenos tratados (moitos no sistema nervioso central); pacientes con síndromes xenéticas que fan crucial a minimización do volume total de radiación, por exemplo, aínda que non exclusivamente pacientes con NF-1 e retinoblastoma; tumores malignos e benignos primarios do sistema nervioso central; casos de reirradiación (nos que a dose acumulada na estrutura crítica superaría a dose de tolerancia) e algúns outros.

Prezado precisa que as indicacións van ampliarse a medida que se avance nas investigacións e que se vaia adquirindo máis e máis evidencia da potencial vantaxe noutras localizacións.

Cambio de paradigma

O nova investigadora do CiMUS sinala que se está no medio dun cambio de paradigma na especialidade da radioterapia. “Primeiro porque está a evolucionar de ser unha disciplina guiada pola tecnoloxía para selo pola bioloxía. E como tal, a investigación é cada vez máis interdisciplinar e máis centrada na radiobioloxía e con maior interface con outras disciplinas como a inmunoloxía, a xenética, bioinformática e outras. E segundo, porque as observacións e resultados científicos da última década están a xerar un cambio de mentalidade e de práctica clínica moi importantes. Por exemplo, cada vez téndense a realizar máis tratamentos hipofraccionados (dar doses máis altas en menos sesións), o cal pode ser beneficioso a nivel de resposta e custo do tratamento. Ou cada vez acéptanse máis certas ideas consideradas “heterodoxas” ata hai uns anos, como que para erradicar un tumor non se necesitan doses estritamente homoxéneas”, conclúe a investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Yolanda Prezado: “O Centro de Protonterapia situará Galicia nunha situación privilexiada para investigar”

A física galega, premiada co Wonenburger 2026, consolidou a súa traxectoria en Francia e regresou en 2024 a Galicia para crear escola no eido da radiobioloxía

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos