A Universidade da Coruña implanta o grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía

O Consello Galego de Universidades aprobou a posta en marcha da titulación, que ata agora só se impartía en España na Autónoma de Barcelona

A Universidade da Coruña ofrecerá a partir do curso 2020-2021 o grao de Nanociencia e Nanotecnoloxía, que ata agora só se impartía en España na Universidad Autónoma de Barcelona. A titulación, que se adscribe á Facultade de Ciencias, achegará unha nova vía de formación nun sector que xa é un piar clave no desenvolvemento da innovación e a industria no mundo, con ramificacións en moi diversas materias como as ciencias da saúde, o sector téxtil, a obra civil ou a enxeñaría de materiais.

A decisión da implantación do novo grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía tomouna esta semana o Consello Galego de Universidades, que aprobou tamén o Máster en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial e o Máster en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares, tamén na Universidade da Coruña.

Publicidade

Máis novos títulos

Con respecto aos novos títulos que as universidades ofertarán o vindeiro curso, ademais do da UDC, entrarán en funcionamento na Universidade de Santiago de Compostela o Grao en Empresa e Tecnoloxía; o Grao en Bioquímica (ambos no campus de Lugo); e o Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial (nos campus de Santiago e de Lugo).

Na Universidade de Vigo ofertaranse os Máster en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración (campus de Vigo); e o Máster en Industria 4.0, tamén no campus de Vigo, pero con carácter interuniversitario coa Universidade de León.

Publicidade

Así mesmo, con carácter interuniversitario, o curso próximo implantarase o Máster en Nanociencia e Nanotecnoloxía, conxunto entre a USC e a UVigo, nos campus de Santiago e Vigo respectivamente; e o Máster en Visión por Computador, tamén conxunto entre UDC (campus da Coruña), USC (campus de Lugo), UVIGO (campus de Vigo) e a Universidade de Porto.

E finalmente as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo compartirán un novo Programa de Doutoramento en Turismo (nos seus campos de Santiago e de Ourense respectivamente).

Con respecto aos novos títulos que as universidades ofertarán o vindeiro curso, ademais dos mencionados na Universidade da Coruña, entrarán en funcionamento na Universidade de Santiago de Compostela comezarán a impartirse o Grao en Empresa e Tecnoloxía; o Grao en Bioquímica (ambos no campus de Lugo); e o Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial (nos campus de Santiago e de Lugo).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais