Un estudo da USC analiza como transformar os aceites de cociña usados en combustibles e bioplásticos

O investigador Brais Vázquez avalía o impacto ambiental e económico de diferentes vías de aproveitamento para avanzar cara a unha dinámica circular

Reducir a dependencia do petróleo e atopar novos usos para os residuos é hoxe un dos grandes desafíos ambientais e económicos. Entre eses residuos destacan os aceites de cociña usados, xerados diariamente en fogares, bares, restaurantes e industria alimentaria, e que moitas veces rematan vertidos polo sumidoiro ou xestionados de forma incorrecta. Ademais dos problemas que isto provoca nas redes de saneamento e depuración, tamén supón desaproveitar un recurso con potencial para producir combustibles renovables ou novos materiais capaces de substituír produtos derivados do petróleo.

A partir desta problemática, o investigador lucense Brais Vázquez Vázquez analizou na súa tese doutoral distintas alternativas para transformar estes residuos en enerxía, combustibles renovables e bioplásticos biodegradables dentro do marco da economía circular. O traballo desenvolveuse baixo a dirección das investigadoras Almudena Hospido Quintana e Ángeles Val del Río, do Departamento de Enxeñaría Química.

Publicidade

Co obxectivo de analizar cal pode ser a forma máis sostible de aproveitar estes residuos, o estudo comparou distintas rutas de valorización dos aceites de cociña usados, desde alternativas enerxéticas, como o biodiésel ou a produción de enerxía, ata vías orientadas á fabricación de novos plásticos biodegradables. Para iso, o investigador empregou ferramentas de análise ambiental e económica que permitiron estudar o impacto destas tecnoloxías ao longo de todo o seu ciclo de vida, tendo en conta factores como as emisións, os custos de produción, a xestión dos residuos ou os posibles efectos asociados aos microplásticos.

Non existe unha solución única

A investigación sinala que non existe unha única solución perfecta para valorizar os aceites usados, xa que cada alternativa presenta vantaxes e limitacións dende o punto de vista ambiental e económico. A tese conclúe que os bioplásticos representan unha opción especialmente prometedora a longo prazo, ao permitir manter o carbono en circulación durante máis tempo e reducir a dependencia de materiais fósiles. Porén, o estudo tamén destaca a importancia de optimizar tanto os procesos de produción como a xestión destes materiais ao final da súa vida útil para garantir unha mellor sustentabilidade ambiental.

Publicidade

A investigación desenvolveuse en CRETUS no marco do programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, e dentro do grupo de biotecnoloxía ambiental. O carácter interdisciplinar e colaborativo do centro favoreceu o establecemento de colaboracións científicas internacionais, con estadías de investigación na Chalmers University of Technology de Gotemburgo (Suecia) e no CESAM da Universidade de Aveiro (Portugal), así como con colaboracións nacionais co Instituto da Auga da Universidade de Granada e co CIQUS da USC.

Os resultados deron lugar a publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto no ámbito da sustentabilidade e a economía circular, e foron presentados e premiados en congresos científicos internacionais celebrados en cidades como Girona, Gotemburgo ou Estocolmo. A tese, con mención internacional, obtivo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%