Santiago reduce de 76 a 50 os seus departamentos

O Consello de Goberno da USC aprobou este martes en sesión extraordinaria a reorganización da súa estrutura departamental na busca dunha maior optimización dos recursos para incrementar a eficacia na xestión administrativa. Deste xeito, dos 76 departamentos cos que contaba a USC pásase a 50, o que significa unha redución do 35% e do capítulo de gastos dos orzamentos da USC en aproximadamente 200.000 euros. Esta reestruturación non supón redución do actual cadro de persoal, nin docente nin de administración e servizos.

A decisión do Consello de Goberno pon fin a un proceso de traballo iniciado a finais do pasado ano que dá continuidade a un acordo previo do Claustro que xa acordara no mes de xuño elevar a 20 o número mínimo de docentes necesarios para configurar un departamento. Aquel acordo, non obstante, consideraba a posibilidade de excepcionalidades que atenderían á agrupación coherente de áreas ou outras circunstancias académicas que poidan concorrer.

Publicidade

O reitor xustificou a medida por ser un paso máis na consecución dunha administración universitaria “máis áxil e eficaz á vez que se optimizan ao máximo os recursos dos que dispoñemos”.

Os departamentos que se suprimen son os de Álxebra; Xeometría e Topoloxía; Análise Matemática; Estatística e Investigación Operativa; Anatomía e Produción Animal; Ciencias Clínicas Veterinarias; Ciencia Política e da Administración; Socioloxía; Psicoloxía Organizacional, Xurídico-Forense e Metodoloxía das Ciencias do Comportamento; Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal; Didáctica das Ciencias Experimentais; Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais; Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; Farmacoloxía; Fisioloxía Vexetal; Bioloxía Celular e Ecoloxía; Filoloxía Francesa e Italiana; Latín e Grego; Lóxica e Filosofía Moral; Filosofía e Antropoloxía Social; Xenética; Zooloxía e Antropoloxía Física; Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses; Obstetricia e Xinecoloxía; Pediatría; Cirurxía; Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía; Estomatoloxía; Didáctica e Organización Escolar; Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación; Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social; Historia Contemporánea e de América; Historia I; Historia Medieval e Moderna; Dereito Mercantil e do Traballo; Lingua Española; Historia e Institucións Económicas; Física da Materia Condensada; Enfermaría; e Medicina.

Publicidade

Os que se crean son os de Matemáticas; Análise Matemática, Estatística e Optimización; Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias; Ciencia Política e Socioloxía; Didácticas Aplicadas; Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; Bioloxía Funcional; Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana; Filosofía e Antropoloxía; Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física; Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría; Especialidades Médico-Cirúrxicas; Pedagoxía e Didáctica; e Historia.

Acreditados a cátedra
Por outra banda, a xuntanza do Consello de Goberno interrompeuse pola intervención dunha representación de profesorado acreditado a cátedra, en nome de quen interveu Carlos Pereira Menaut para esixir da Reitoría a convocatoria dun mínimo de 50 prazas “mantendo o número en sucesivos anos ata que se normalice a situación” dos máis de 150 docentes que na USC teñen acadado a necesaria acreditación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval