Sábado 7 Decembro 2024

Sete de cada 10 premios de fin de carreira son para mulleres

A Consellería de Educación fixo públicos os 69 galardóns, cunha compensación de 3.000 euros, outorgados aos estudantes que acabaron a carreira en 2018

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través do Diario Oficial de Galicia, fixo pública esta semana a concesión dos premios de fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos no 2018 nalgunha das tres universidades galegas. Son, en total, 69 mozas e mozos que recibirán cadansúa recompensa de 3.000 euros en metálico en atención ao seu desempeño durante as titulacións.

E salienta a importante porcentaxe de mulleres que aparecen na listaxe. Máis do 70% (50 mozas, en termos absolutos), viron recoñecido o seu esforzo, fronte a 19 compañeiros. Unha porcentaxe maior que a que representan as mulleres no conxunto do alumnado universitario (no 2018 representaban arredor do 56% do estudantado, segundo o informe de 2018 da Fundación Conocimiento y Desarrollo). Así se reparten as cifras por universidades:

Publicidade

En todas as ramas de coñecemento, hai máis mulleres ca homes co premio fin de carreira, agás na área de Enxeñaría e Arquitectura, onde as cifras de estudantado feminino son máis baixas. Con todo, nesta área, os premios de fin de carreira repartíronse ao 50% (7 mozos e 7 mozas).

Os 69 premios concéderonse de acordo ás bases reguladoras dos premios. Outórganse a quen teña acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8’5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7’5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Publicidade

O número de premios está determinado pola cantidade de persoas egresadas na mesma titulación. Deste xeito, aquelas con ata 199 persoas egresadas optan a un premio, as que teñen entre 200 e 299 a dous e as que contan con 300 ou máis persoas optarán a tres premios.

Así, as titulacións con maior número de estudantes, como Medicina, Dereito, Enfermaría ou Educación Infantil, reparten máis galardóns. E pola contra, ben por non cumprir a nota de corte ou non axustarse ás bases, non todas as titulacións do Sistema Universitario Galego tiveron cadanseu premio fin de carreira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC propón unha metodoloxía para un transporte marítimo máis sostible

O sector move máis do 85% das mercancías a nivel mundial e as previsións indican que continuará medrando nos próximos anos

Cantos tipos de nubes hai? O manual da UVigo interpretar a meteoroloxía

A través de preguntas curtas, o libro serve para explicar conceptos clave de forma breve, clara e rigorosa ao alumnado

A UVigo bota man de tres ‘Galinfluencers’ para celebrar o Día da Ciencia en galego

Prado Rúa, Iago Gordillo e Esther Estévez compartirán co público as súas experiencias

Máis dun cento de actividades espallarán a ciencia por Galicia noutra edición da G-Night

Unha gran feira en Vigo, un roteiro en Pontevedra e charlas en Ourense, principais fitos da Noite Galega das Persoas Investigadoras