Campaña da USC para fomentar o uso do galego na docencia

Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela lanza a campaña ‘Ensinas máis do que cres’ para fomentar o uso da lingua galega na docencia nesta institución.

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2014-2015, segundo os datos que manexa a propia USC, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O físico Javier Díaz Bruguera ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O investigador, referente no campo do deseño de procesadores e aritmética de computadoras, será académico na sección de Ciencias Técnicas

Coñece Refúxia-T, o visor interactivo que identifica illas de calor e refuxios climáticos de Galicia

A ferramenta segue unha metodoloxía que combina teledetección, intelixencia artificial, medicións ambientais sobre o terreo e criterios ecolóxicos e de biodiversidade

Unha fronte polar derruba os termómetros e trae a Galicia as primeiras neves da tempada

Aemet aemite alertas amarelas pola intensidade do vento nas zonas costeiras e das nevadas nas montañas do interior

A UDC crea nanofibras que se montan e desmontan á vontade e controla como se adhiren as células

A científica Elena Pazos lidera unha investigación que aborda un dos retos do deseño de biomateriais: conseguir estruturas ordenadas que poidan modificarse mediante sinais químicos