A NASA grava uns sons "misteriosos" no bordo do espazo

A NASA vén de facer públicos uns “misteriosos infrasóns” que foron gravados no bordo do espazo, a 36 km sobre a superficie terrestre. A captura foi tomada con micrófonos infravermellos instalados nun globo experimental lanzado por un estudante da axencia espacial estadounidense, Daniel Bowman, da Universidade de Carolina do Norte.
Bowman recolleu ondas sonoras en frecuencias inferiores a 20 Hz, que só poden ser escoitadas polo oído humano mediante a aceleración das gravacións. O que se escoita é como asubíos e murmurios“Soa un pouco como Expendiente X“, comentou o estudante en declaracións recollidas por Live Science.
Para capturar estes ruídos, Bowman lanzou micrófonos infravermellos nun globo de helio sobre os estados de Novo México e Arizona, nos Estados Unidos, o 9 de agosto de 2014, como parte do estudo ‘High Altitud Student Plataform (HASP)’. Durante 9 horas, o globo desprazouse 725 quilómetros a través da superficie da Terra e alcanzou unha altura de máis de 37.500 metros. Ningún experimento de infrasóns chegara antes a estas alturas, segundo recoñecen os expertos.
Esta foi a primeira vez que se fixeron gravacións acústicas na estratosfera en 50 anos, segundo explica Bowman.
As teorías sobre os infrasóns gravados van dende un campo eólico baixo o percorrido do globo, ondas do océano, ondas de gravidade, ata unha simple turbulencia. O proxecto financiado pola NASA planea enviar este mesmo ano outro artefacto para gravar máis destes estraños sons.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira